Skip to Content

Curso 2013-2014

Coloquio con ex-parlamentarios - 4º ESO e 1º Bach.

Ex-deputados do Parlamento de Galicia visitan o IES Perdouro de Burela co propósito de achegar ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o funcionamento da principal institución política de Galicia.
 
Seguir lendo en Perdourando

Fran Bueno nos VI Encontros - vídeo promocional

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña

O martes 27 de maio tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.
 
O debuxante santiagués Fran Bueno foi o invitado de excepción na clausura dos sextos Encontros de Banda Deseñada na Mariña que se celebraron no IES Perdouro de Burela.
 
Seguir lendo en Perdourando.
 
Ver reportaxe de entrega de premios en Perdourando.

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada 2014

franbueno2.jpg

Contaremos para clausurar os encontros de BD na Mariña con Fran Bueno, recoñecido debuxante con gran proxección intercanional, o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense e recentemente galardonado co Premio Castelao 2013 de Banda Deseñada da Diputación da Coruña.  

O martes 27 de maio ás 12h20 na biblioteca abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a Vicedirectora, Karina Parga, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre e o tenente alcalde, Manuel Fernández.

 

 

Fallo dos premios do Concurso de Banda Deseñada na Mariña 2014

Gañadores do certame de creación de Banda Deseñada 2014

Fanse públicos os resultados dos premios na seguinte ligazón: Banda Desexada

Noraboa os gañadores e confiamos en que haxa sorte noutras ocasións para os demáis participantes.

Gañadores dos Concursos da A.C. Os Matos

Nos concursos de poesía e relato curto, e debuxo convocados pola Asociación Cultural "Os Matos" resultaron gañadores os seguintes traballos:
 
VIII CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO - Tema: “As plantas da nosa paisaxe”

Categoría 1º e 2º de E.S.O. - Poesía 

  • Primeiro Premio: “Flores de Primavera” - Itziar García Cruz (2º E.S.O. A) 
  • Segundo Premio: “As laranxas da laranxeira” - Arancha Basanta Otero (2º E.S.O. A)

Categoría 1º e 2º de E.S.O. - Relatos Curtos 

  • Primeiro Premio: “Non me esquezas, amapola” -  Pedro Artai Fernández Padrón (1º E.S.O. A)
  • Segundo Premio: “Casquiña” - Mario Cordido García (2º E.S.O. B)

Categoría 3º e 4º de E.S.O. - Relatos Curtos

  • Primeiro Premio: “As plantas da nosa paisaxe” - Laura Sofía Semedo Brito (4º E.S.O.)
  • Segundo Premio: “Un novo gran líder” - Mario Nieto Fraga (4º E.S.O. PDC)

VI CONCURSO  DE IMAXE  - Tema: “As plantas da nosa paisaxe”

Categoría Bacharelato, P.C.P.I. e Ciclos Formativos

  • Primeiro Premio: Alexandra Granda Márquez (1º Bach. A)
  • Segundo Premio: María Prieto Casares (1º Bach. B)

Reunión do xurado do Concurso de Banda Deseñada - 2014

Continúan as actividades relacionadas coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela.

O xurado do concurso reuniuse hoxe para comezar a valoración das obras participantes nesta sexta edición. 

Farase público o fallo do xurado o vindeiro venres 23 de maio.

Campaña en prevención de lesións medulares

O alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe na biblioteca a unha charla impartida pola Confederación Galega de Minusválidos de Lugo Cogami.
 
Enma Caamaño, traballadora social, estivo acompañada por Angel e Iván, usuario da asociación, que expuxeron aos alumnos as consecuencias dun accidente así como as medidas de precaución para evitalo.
 
Seguir lendo en Perdourando

Correlingua 2014

Os rapaces de 3º de ESO B acodiron á convocatoria anual do Correlingua na Mariña baixo o lema "Galego, o paso adiante". A camiñata a prol da lingua celebrouse, nesta ocasión, en Foz. Isabel Risco presentou o acto final. Houbo a lectura do manifesto gañador deste ano. Os nosos alumnos tamén aportaron o seu pequeno gran de area, participaron nun recital poético da obra Nimbos de Xosé M. Díaz Castro. Houbo outras actividades, unha delas foi o concurso de pancartas e animación da marcha. E para rematar,  o grupo gañador do Cantalingua pechou o acto coa súa actuación.
 

Visita á fábrica de Alcoa - 2º ESO

Os alumnos de 2º de ESO visitaron a planta de Alúmina de Alcoa San Cibrao acompañados do seu profesor de tecnoloxía, Javier Villaverde. 
Foron recibidos por Abel e Manuel. Primeiro, explicáronlles a maqueta da fábrica. Logo viron un vídeo explicativo das actividades desenvolvidas na planta de fabricación do aluminio. E para rematar a visita, o grupo fixo un percorrido en autobús para ver toda a instalación. De agasallo unha camiseta de Alcoa.

Acto de entrega de Premio Letras Galegas 2014

Damián e Iván foron os representantes dos alumnos de 1º de Bach que recolleron hoxe da mán do secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García Gómez a certificación do Premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2014.
 
Seguir lendo en Perdourando

Van os nosos parabéns a : Alexandra, Andrea, Cintia, María, Sara, Damián, Gabriel, Iván, José Carlos, Rodrigo, e Miruca Parga!!!!!!
 
 

Ruta da Enerxía - 2º ESO

O pasado 13 de maio, un grupo de alumnos de 2º de ESO participou na ruta da enerxía, actividade deseñada por Fausto, o seu profesor de Ciencias Naturais. Viaxaron primeiramente ata As Pontes para realizar unha visita guíada pola central térmica onde lles explicaron o seu funcionamento. E remataron a ruta da enerxía visitando a planta regasificadora de Reganosa de Mugardos.
 
Ver reportaxe fotográfica en Perdourando.
 
 
 

Tarefa de limpeza da ribeira - 4º ESO e PDC - Día mundial dos océanos

Para conmerorar o día mundial dos océanos, os rapaces de 4º de ESO e PDC coidaron da nosa ribeira. Por motivo de calendario, tivemos que adiantar dita convocatoria mundial da limpeza simultánea das praias, iniciativa á que seguimos sumados. Acompañados por Begoña e Mª José Cao, as monitoras de Gaia e por Montse e Karina, os alumnos limparon o tramo da ribeira dende o porto de Burela ata a igrexa de Coedo.
Recolléuse unha cantidade significativa de residuos do litoral ata se desenterraron 16 neumáticos.
 
Ver a reportaxe fotográfica en Perdourando.
 
 

Ruta pola Mariña Oriental - 1º ESO

O día 7 de maio o alumnado de 1º de ESO  desprazouse ata os concellos de Barreiros e Ribadeo para coñecer varios aspectos da Mariña Oriental. A actividade foi organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica. 
 
A primeira parada da ruta fíxose no concello de Barreiros, na Praia da Anguieira, onde os alumnos contemplaron a desembocadura do río Masma, que forma a ría de Foz, e escoitaron as explicacións de temas  históricos, económicos, e a influencia da man do home na natureza....Seguir lendo en Perdourando
 

Ruta da Auga - 3º ESO

Un grupo de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados polas monitoras do Centro de Educación Gaia, dun técnico da empresa Espina e Delfin e de profesorado, visitaron este mércores as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.

 
Seguir lendo en Perdourando
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut