Skip to Content

Curso 2013-2014

Mostra de Cogomelos

O Departamento de Ciencias Naturais organiza a súa exposición anual de cogomelos da comarca. Logo da recollida dos exemplares polos montes de Penas Agudas, o alumnado de 1º de bacharelato participa na actividade de identificación e etiquetado dos fungos para amosar a diversidade destes seres vivos. 

seguir lendo....

Saída micolóxica 2013

Un grupo de alumnos de 4º ESO e 1º de Bach. achegouse ata Penas Agudas para recoller cogomelos co propósito de realizar unha exposición dos espécimes locais máis representativos no centro ao longo desta semana.

Ver reportaxe fotofráfica en Perdourando.

IV Día da Ciencia en Galego - Videoconferencia de Jorge Mira

Hoxe o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bach asistiron á videoconferencia de Jorge Mira co galo do IV Día da Ciencia en Galego, actividade promovida pola Coordinadora Galega de ENDL.

Ver presentación da conferencia en Perdourando, o blog do ENDL.

Escoitade a entrevista que lle fixeron a Jorge Mira esta mañá en Radio Burela no 107.7 despois do minuto 34'. http://www.ustream.tv/recorded/40702039

Proxecto Neo nº 68.3 (06/11/2013) con Alberto Rivera Caboalles

Alberto Rivera Caboalles, profesor de Sistemas Electrónicos, foi o protagonista do programa de Proxecto Neo.

Ligazón ao Programa: Proxecto Neo nº 68.3 - Alberto Rivera Caboalles

Guionista de televisión imparte conferencia para o alumnado de 1º Bach e 4º ESO

Eligio Rodríguez Montero foi guionista, entre outros, de Mareas Vivas, O Show dos Tonechos e Hispania, la leyenda.

O vindeiro día 7 de novembro (xoves) ás 11:30 da mañá dará unha charla no IES Perdouro, Eligio Rodríguez Montero.

Seguir lendo en Perdourando

Escoitade a entrevista en Radio Burela na seguinte ligazón a partir do minuto 20'  http://www.ustream.tv/recorded/40578256?utm_campaign=t.co&utm_source=ustre-m&utm_medium=social

Proxección do filme documental "Shoots from Abyssinia" de Ovidio Fernández

29 de outubro.

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bach asistiu á proxección do filme documental "Shoots from Abyssinia" de Ovidio Fernández Sánchez e posteriormente puido conversar co autor sobre a situación de Etiopía. 

Seguir lendo en Perdourando.

Samaín 2013

Facendo ambiente: Alumnos de 1º de ESO idearon decoracións en base a reciclaxe e a reutilización.

Seguir lendo en Perdourando

 

Recomendacións de lectura para pasar medo por BiblioPerdouro.

Seguir lendo en Perdourando

Prepárate para o terror!!! Chega Samaín 2013

Celebramos o día das Bibliotecas escolares 2013- 24 de outubro

Concurso nas redes sociais:
 
Indícanos cal é o teu momento, lugar ou postura de lectura favorito participando co hashtag #estoulendo ... boca arriba, as escuras, no sofá, debaixo da miña mantiña, cunha taza de chocolate..... Deixádevos levar!!! Premio para quen consigua máis rechíos.
 
Prazo: 25 de outubro

Concurso de fotografía:
 
Ademais podes participar enviando a ies.perdouro.biblioteca@gmail.com unha foto túa no teu momento de lectura favorito. Premio a mellor foto orixinal.

Prazo: 20 de outubro

Esperásmote!!

NOVIDADE: Guía de lectura: Xanela Literatura e Cine
Distribuir contido


by Dr. Radut