Skip to Content

III Xornada de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

As alumnas do CM de Perrucaría foron as anfritrionas das XORNADAS DE ASESORÍA DE IMAXE, HIXIENE E ESTÉTICA PERSOAL, unhas xornadas de convivencia cos usuarios da Fundación Eu Son de Burela que tiveron lugar ao longo desta semana. Dentro das medidas de interacción co entorno social do pobo, o taller de Imaxe abriu as súas portas aos usuarios da Fundación. As alumnas realizaron con eles diversas tarefas de imaxe persoal dende hixiene capilar, peiteados ata manicura. Unha experiencia moi enriquecedora.

Ler a crónica e ver a reportaxe fotográfica en Perdourando



page | by Dr. Radut