|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 21/06/2017 - 20:18
|
O 96,3% do alumnado presentado á Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) na convocatoria de xuño logra superar a proba. Parabéns a todos/as!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 21/06/2017 - 20:17
|
Prazo de recepción de ofertas ata o 26 de xuño ás 14 horas.
BASES DA ADXUDICACIÓN
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 12/06/2017 - 14:34
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 10/06/2017 - 13:10
|
O alumnado que se matricule en 1º ESO no curso 2017/18 terá que presentar a solicitude para recibir libros do fondo e axudas de material no IES do Milladoiro. O prazo para presentar dita solicitude remata o 23 de xuño. [Máis información]
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 24/05/2017 - 08:49
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por Anónimo o Lun, 15/05/2017 - 15:55
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 20/02/2017 - 16:16
|
Ás 19:00 horas do vindeiro mércores, 22 de febreiro, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro unha reunión na que se presentará ás familias do alumnado que se vaia matricular no centro en 1º da ESO no curso 2017/2018 as liñas de traballo do Instituto, así como as súas instalacións. A reunión está dirixida ás familias do CEP de Ventín, centro adscrito ao Instituto, pero está aberta a familias doutros centros que poidan estar interesadas nesta información.
CARTA INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE VENTÍN
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 03/02/2017 - 13:15
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 19/01/2017 - 14:32
|
No DOG do 5 de xaneiro publícase a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional [aquí].
Pódese consultar a información no portal web de FP [aquí] e as datas claves do proceso [calendario].
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 11/01/2017 - 00:00
|
Detectáronse casos de piollos no Instituto. Solicitámoslles que extremen o coidado das medidas de hixiene para evitar a extensión do problema.
A Dirección.
Milladoiro, 11 de xaneiro de 2017.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 19/12/2016 - 14:55
|
Recordamos que o período de vacacións de Nadal comezará o xoves 22 de decembro e que as clases se retomarán o luns día 9 de xaneiro. Os boletíns de cualificacións entregaranse o último día de clase (na mañá do mércores 21).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por Anónimo o Mar, 22/11/2016 - 21:20
|
A Xunta de Delegados do centro acordou secundar a folga de estudantes convocada para este xoves 24/11/16. Para que a falta de asistencia sexa computada como folga cómpre que o alumnado entregue puntualmente o documento individual de participación facilitado polo centro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 09/11/2016 - 13:47
|
O vindeiro mércores 16 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro un debate sobre os deberes escolares, organizado por Nova Escola Galega coa colaboración do Concello de Ames. Participarán Helena Gómez Vecino (presidenta de CONFAPA-Galicia), Fernando Lacaci Batres (vicepresidente da Confederación ANPAS Galegas), Sonia Fernández Casal (profesora e secretaria de Nova Escola Galega) e Eva López Soto (Educadora familiar do Concello de Teo). [Máis información]
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 28/10/2016 - 07:08
|
Recordamos que o luns 31 de outubro (Día do ensino) e o martes 1 de novembro (Día de todos os santos), non teremos clase.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 04/10/2016 - 17:18
|
As reunións terán os seguintes obxectivos:
- Coñecer e ter un primeiro contacto cos/as titores/as dos diferentes grupos.
- Informar e lembrar a organización e funcionamento do centro.
- Informar de aspectos relacionados co inicio do curso académico e co seu desenvolvemento.
CALENDARIO
CURSO
|
DATA / HORA
|
2º da ESO
|
Martes 11 de outubro / 18:30
|
3º da ESO
|
Martes 11 de outubro / 19:00
|
1º da ESO
|
Martes 11 de outubro / 19:30
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 03/10/2016 - 13:13
|
Consulta no enlace a CONVOCATORIA 2017–2018 da Fundación Amancio Ortega. As inscricións poden realizarse dende o 3 de outubro até o 15 de novembro do 2016 (apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular). Co teu DNI e correo electrónico poderás inscribirte no programa e crear a túa solicitude.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 09/09/2016 - 09:31
|
Reunións informativas para o alumnado e familias (avisadas telefonicamente) que cursarán PMAR (Ensinanzas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).
[Máis información]
- 3º da ESO PMAR o martes 13:00 horas
- 2º da ESO PMAR o martes 13:30 horas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 08/09/2016 - 12:14
|
O xoves 15 de setembro, ás 13 h, terá lugar a presentación de 1º e 2º de Bacharelato (non hai transporte escolar).
O venres 16 de setembro terán lugar as presentacións da ESO, para as que haberá servizo de transporte para permanecer no centro entre as 11:00 a 13:00 horas. Os horarios por grupos son os seguintes:
- Presentación 1º ESO, 11:00-13h
- Presentación 2º ESO, 11:30-13 h
- Presentación 3º e 4º ESO, 12:15-13h
O luns 19 de setembro comezarán as clases no horario habitual.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 06/09/2016 - 13:26
|
- O xoves 8 de setembro ás 19:00 horas terá lugar no IES unha reunión de acollida destinada ao alumnado novo, que cursará 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BACH, e ás súas familias.
- O luns 12 de setembro ás 12:30 horas terá lugar no IES unha reunión informativa coa orientadora sobre a tramitación das axudas do curso 2016_2017 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. [Máis información].
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 13/06/2016 - 21:01
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 25/05/2016 - 20:08
|
O próximo martes 31 de maio, no salón de actos do IES do Milladoiro, celebrarase unha reunión informativa e de orientación académica-profesional para o alumnado que remata 1º ESO e 2º ESO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 20/05/2016 - 15:10
|
Unha vez rematado o Obradoiro de "Alimentación e Nutrición" co alumnado de 2º da ESO, o Concello organiza, este mércores 25 de maio de 19:00 a 21:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, un encontro para os pais/nais co obxectivo de reflexionar sobre a saúde e a educación.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 12/05/2016 - 20:29
|
Reunións informativas de orientación académico-profesional, no salón de actos do IES, o mércores 18 de maio:
- Para os/as pais/nais do alumnado de 3º da ESO ás 18:30 horas.
- Para os/as pais/nais do alumnado de 4º da ESO ás 19:15 horas.
- Para os/as pais/nais acompañados/as do alumnado de 1º de Bacharelato ás 20:00 horas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 12/05/2016 - 15:18
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 09:53
|
Recordamos que o xoves 5 de maio, festivo local, e o venres 6 de maio, día non lectivo aprobado polo Consello Escolar, non teremos clase.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 08:20
|
O programa Xuventude Crea é unha convocatoria da Consellería de Política Social que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña. Poden solicitalo os mozos/as a partir dos 16 anos e o prazo de solicitude remata o 30 de xuño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 27/04/2016 - 09:38
|
Convócase o programa CAMPUS DE VERANO XUVENCIENCIA para o alumnado de 4º ESO e 1º BACH (hasta 2º BACH para os veteranos) que se desenvolverá dende o 27 de xuño até o 1 de xullo de 9:30 h a 20:30 h no Campus Universitario de Lugo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 21/04/2016 - 19:57
|
Recordamos ás familias do alumnado que o luns 25 de abril ás 19:30 horas, no salón de actos do IES do Milladoiro, celebrarase a charla informativa "Bo uso das novas tecnoloxías" para as familias do alumnado, impartida por Igaxes3 (Profesionais do Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector).
|
|
|
|
|
|
|
ENLACE