20/5/16-ENCONTRO PARA AS FAMILIAS SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Unha vez rematado o Obradoiro de "Alimentación e Nutrición" co alumnado de 2º da ESO, o Concello organiza, este mércores 25 de maio de 19:00 a 21:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, un encontro para os pais/nais co obxectivo de reflexionar sobre a saúde e a educación.
Pregamos confirmación da asistencia cubrindo a circular enviada ás familias, a través do alumnado, coa convocatoria. Preme na imaxe para consultar máis información: