ELECCIÓNS PARCIAIS CONSELLO ESCOLAR 2024-25
O día 18 de outubro abrirase o procedemento para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do IES de Melide coa Constitución da Xunta Electoral formada polos seguintes membros en soreteo público.
- Director/a
- 1 profesor/a
- 1 pai/nai/titor/a legal
- 1 representante de PAS
- 1 alumno/a
O sorteo Será público e terá lugar o próximo día venres 18 ás 11:15 na Biblioteca do centro.
Ademais achégase circular informativa a todas as familias e alumnado do centro coa información concreta sobre o procedemento.
Podedes descargalas no seguinte enlace:
Circular Informativa familias |
Circular Informativa alumnado |
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Unha vez reunida a Xunta Electoral resultante do sorteo público que tivo lugar o día 18 de outubro, procédese a realizar oficialmente a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, das que deben saír dous representantes do profesorado, tres representantes do alumnado e un representante de pais / nais.
O censo dos distintos colectivos, así como información doutra índole, atópase publicado no taboleiro de entrada do IES de Melide. Iníciase o prazo para a reclamación, de ser o caso, a dito censo e anímase á presentación de candidaturas, do 1 ao 8 de novembro —a presentación de candidatura realízase cubrindo un formulario que se pode recoller na secretaría do IES de Melide—.
Nos arquivos que se adxuntan a esta entrada figura máis información a este respecto.
CUALE: Estudos de ampliación de lingua estranxeira
Se estás interesado en matricularte en CUALE, ampliación de linguas estranxeiras aquí che deixamos toda a información:
Que é o CUALE?
É un curso de ampliación en lingua estranxeira que se imparte nunha tarde a semana durante 3 h no IES de Melide
Para que vale?
Permite unha certificación oficial do nivel de inglés a través dunha proba na escola oficial de idiomas para os niveles A2, B1 e B2
Quen pode Acceder?
A1: Alumnado matriculado en 3º ESo
A2: Alumnado matriculado en 4º ESO
B1 Alumnado matriculado en BAC ou con certificado A2
B2: Alumnado matriculado en BAC ou Ciclos ou con certificado B1
Cantas prazas temos?
Cada grupo terá un máximo de 20 prazas. Se hai mais solicitudes que prazas poderá establecerse unha proba de nivel previa.
Datas e actuacións:
Mes de xuño: preinscripción
Mes de setembro:
Día 26 Proba de nivel para acceso a B2 (máis solicitudes que prazas)
Día 27 Matricula na secretaría do centro
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Os vales de Axuda para adquisición de material escolar poderán ser retirados na secretaría do centro desde o día 4 de setembro.
- Cada vale solo poderá ser empregado nun único establecemento.
- Non deberá asinarse o vale ata ter consumido a totalidade do importe concedido.
- O vale poderá ser empregado como máximo ata o 10 de abril de 2025
- O vale solo poderá ser retirado pola persoa que fixo a solicitude ou por unha persoa debidamente autorizada mediante unha autorización por escrito.
FONDO DE LIBROS DE TEXTO:LISTAXE DEFINITIVA
Xa podes consultar a Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros para o curso 2024-25 a través de aplicación fondo libros (preme na imaxe) identificándote con certificado electrónico, Chave 365 ou conta de usuario ou podes consultar a listaxe no taboleiro de anuncios da secretaría do IES.
Nesta litaxe poderás ver cales son os libros que finalmente tés adxudicados.
Os Vales para compra de material escolar poderán retirarse na secretaría do centro a partir do día 4 de setembro
Libros de texto curso 2024-25
Pode consultar aquí o listado de libros para o curso 2024-25
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.
Poderá solicitar o préstamo de parte dos libros de texto e as axudas para adquisición de material escolar no aplicativo web fondolibros ou na secretaría do centro. Teña en conta os seguintes prazos:
Prazo de solicitude | 21 de xuño |
Prazo devolución libros curso anterior | 21 de xuño |
Listaxe provisional de admitidos | 19 de xullo |
Reclamación á listaxe provisional | 22 e 23 de xullo |
Listaxe definitiva de admitidos | 24 de xullo |
Os listados de admitidos provisional e definitivo poderán consultarse no aplicativo web e no tabolerio de anuncios do IES e Melide.
Matrícula curso 24/25
1. MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO
Organización dos días e prazos
Documentación
- A documentación necesaria está indicada no propio sobre de matrícula
- O pago do seguro escolar farase na oficina bancaria. Poderá facerse presencialmente, desde un caixeiro automático ou desde unha aplicación móbil. Reocorde imprimir o recibo e indicar o nome do alumno/a no xustificante.
- Parada transporte escolar. Para alumnado con dereito a transporte pode consultar aquí a lista de paradas autorizadas
2. MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS: