CARTA ABERTA Á COMUNIDADE DO IES DE MELIDE

En relación cos feitos acontecidos nesta semana contra un profesor membro desta comunidade educativa o IES de Melide manifesta o seu rexeitamento e condena este tipo de accións facendo chegar a todos os membros da comunidade educativa unha

Carta aberta á comunidade do IES de Melide.


Convencidos de antemán da comprensión e solidariedade coas persoas afectadas por este tipo de situacións, queremos agradecer a súa colaboración en aras dunha convivencia pacífica e respectuosa.

IES DE MELIDE PRIMEIRO PREMIO DO CERTAME O VELLO DOS CONTOS

O alumnado do IES de Melide de 1º ESO B ven de recibir o primeiro premio do VI Certame escolar internacional de Podcast Xosé Mosquera, "O vello dos contos". Organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro xunto con Arraianos Produccións. Podes escoitar aquí a obra premiada.

Parabéns!!!

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Para máis información preme na imaxe

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/25

Axudas para libros de texto e material escolar

Aberto o prazo para a solicitude de participación no Fondo solidario de libros de texto e de Axudas para adquirir material escolar para o alumnado matriculado na ESO no curso 2024/25

Prazo: ata o 21 de xuño de 2024

Solicitudes: poden presentarse de tres maneiras

  • En Sede Electrónica da Xunta de Galicia
  • Empregando a aplicación fondolibros e presentándo o impreso que xenera presencialmente no centro.
  • De maneira manual presencialmente no centro

Toda a información no seguinte enlace

IMPORTANTE! Un dos requisitos para poder ter acceso ao Fondo de libros e ás Axudas de material é ter devoltos os libros en préstamo no presente curso. Data límite 21 de xuño de 2024

AXUDASLE: Actividades formativas en linguas estranxeiras no exterior.

CONVOCATORIA AXUDASLE 2024 | IES MARQUÉS DE SARGADELOS

Publicado o listado de alumnado admitido e suplente para as Actividades de formación en linguas estranxeiras para 4º ESO e 1º BAC. 

Pode consultarse o listado no seguinte enlace 

PRAZO DE 5 DÍAS ATA O 8 DE XUÑO PARA ENTREGAR DOCUMENTACIÓN

ESCOLA DE NAIS E PAIS. ENAPAS: Consumo de alcohol e adolescentes

O vindeiro mércores 29 de maio nunha nova sesión da escola de nais e pais falamos do consumo de alcohol, das pautas de conduta na adolescencia, das habilidades sociais e de como abordar o tema desde as familias.

Biblioteca Xaquin Yebra do IES de Melide

18:00h

ACTIVIDADE SUSPENDIDA

 

EXAMES FINAIS ESA Educación Secundaria Adultos

Datas dos exames finais das ensinanzas de do título de Ensinanzas Secundarias en réxime de persoas adultas ESA.

MODULO 3
Ámbito social 27 maio 15.30h
Ámbito comunicación 28 maio 18:30h
Ámbito científico 30 maio 15:30h
Avaliación  31 maio 
MÓDULO 4
Ámbito social 19 xuño 15:30h
Ámbito comunicación 17 xuño 15:30h
Ámbito científico 18 xuño 15:30h
Avaliación 24 xuño

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido