Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, P.A.S., Historia, Equipo directivo, Horario, Servizos, Xefatura de Estudos, Oferta Educativa, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames, Convocatorias, DocumentaciónO IES. Laxeiro seleccionado para participar no programa de inmersión lingüística "OUTONO 2013"Un grupo de 25 alumnos/as de 3º ESO do IES.Laxeiro participarán entre o 24 e o 30 de novembro nas actividades de inmersión lingüística que terán lugar no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares. Os Peares. Pena. Carballedo(Lugo). Xunto co IES. Laxeiro estarán na mesma quenda os seguintes centros: IES Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada IES Manuel Murguía de Arteixo
CPI As Revoltas de A Cabana IES Canido de Ferrol Trátase dun curso residencial de lingua inglesa, non dun campamento de verán,O alumnado recibirá cinco horas de clase diarias de luns a venres e onde realizarán actividades comunicativas reais en inglés, nun ambiente angloparlante. Para máis información consultar o seguinte enlace Toda estas actividades ademais terán lugar nun marco incomparable do noso interior galego: Pena . Os Peares De toda actividade os pais/nais do alunnado participante terá cumplida información nos próximos días , comenzando por unha circular que recibirán proximamente SUPERLAXEIROA última semana do curso durante seis sesión de dúas horas, alumnos e alumnas de 3º e 4º PDC do noso instituto convertéronse en expertos monitores de consumo diante dos alumnos de 1º da ESO. Despois de todo un curso de traballo e de asistir na Escola Galega de Consumo a unas sesión formativas sobre consumo e merchandising, na aula de 3º Diversificación montouse un improvisado supermercado ben abastecido e ben diseñado. Neste super Superlaxeiro grupos de 15 alumnos de 1º de Eso, baixo o maxisterio dos 19 alumnos de Diversificación, foron instruidos en etiquetado de productos e incluso tiveron que simular unha compra muy real con diñeiro de verdade para demostrar que sabían moverse polo difícil mundo das ofertas, promocións,etiquetase tiques. Os monitores estiveron fantásticos e os inquietos alumnos de 1ª da Eso deron un exemplo de saber estar. Felicidades a todos !!! (Galería de fotos) A experiencia foi sen dúbida un punto de encontro diferente entre os alumnos. Unha maneira de facer consumidores responsables, de aprender xogando e ademais, un xeito de intercambiar roles profesor-alumno que fomenta a convivencia. Este proxecto foi unha aprendizaxe integradora que esperamos se repita mellorada nos seguintes anos. Nesta ligazón podedes botar unha ollada ao noso super -> ligazón Calendarios exames setembro 2013 IES.LaxeiroCalendario de exames de setembro 2013 no IES.Laxeiro: Relación de Libros de texto para o curso 13-14 no IES.laxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 13-14. Os libros de Matemáticas e Relixión na ESO serán os propios departamentos os que en setembro se encarguen do reparto. En tres Ciclos non hai libros propostos, serán os profes os que en setembro expliquen o material a empregar. Para calquer dúbida consultar no centro- » Admisión Ciclos Medios e Superiores para o curso 2013-2014De acordo coa Resolución do 10 de xuño de 2013, desde o 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar reserva de admisión para cursar Ciclos Formativos tanto medios coma superiores. O calendario de admisión e matrícula pecharase o día 26 de setembro, tras os diferentes prazos que se irán ofertando. A oferta educativa do IES. Laxeiro non sofre variación con respecto ao curso pasado e a oferta da Consellería para o curso 2013-2014 xa está actualizada. Nos arquivos adxuntos podes acadar os diferentes impresos de solicitude de 1º e 2º ano de cada ciclo formativo, recordando que este ano xa é posible realizar a solicitude web a través do portal de Formación Profesional www.edu.xunta.es/fp seguindo as instruccións correspondentes. » "La sonrisa de los caimanes" de Elvira Fe Nercellas, premio nacional da 53ª edición do Concurso de Relato Corto CocaCola
"Ahora me doy cuenta de que no es todo oro lo que reluce y de que los caimanes tienen una sonrisa malvada", así termina o relato co que Elvira ven de acadar o premio nacional do Concurso de Jóvenes Talentos de Relato Corto organizado pola Fundación CocaCola España. Tras proclamarse como o mellor relato da nosa comunidade neste momento está entre os seis mellores relatos que van a dilucidar cal é o gañador desta edición. Noraboa a Elvira e tamén a María Viana que se proclamou sexta no sector de Santiago. Elas as duas , xunto con Clara, Lucía, Juan Manuel e Verónica representaron ao IES Laxeiro e unha vez máis o noso centro acadou un éxito rotundo. Elvira sucede así a Nerea Brey, Cristina Pichel e Antía Crespo que no seu momento levaron ao noso centro á élite nacional. Grazas a todas elas por a ledicia deses momentos que foron inolvidables. O día 20 de xuño Londres espera coma agasallo e despois en Madrid, e na Residencia de Estudiantes, Almudena Grandes, Fernando Lalana e outros escritores de sona traballarán cos seis primeiros premios, entre os que estará Elvira, para tentar de gañar esta edición dun concurso do que entre outros partiparon e mesmo non gañaron: Antonio Muñoz Molina, Amenábar, Lucía Echevarría, Ageles Caso, Elvira Lindo, Gran Wyoming, Laura Casielles, Maite Carranza, Felipe Sahagún... Disfrutade do relato e da galería de fotos do acto celebrado o día sete de xuño en Santiago Concurso de Blog´s 2013 do IES Laxeiro: Blogalízate!BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego e das TIC´... agora e cando anunciamos: Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do II Concurso de Blog´s en galego! 1º premio: http://maarttaaa.wordpress.com/ ---->> Marta Millares Otero (1º Bacharelato) 2º premio: http://estadiosespectaculares.wordpress.com/ ---->> Miguel Ángel Díaz Areán (1º Bacharelato) 3º premio: http://nere18.wordpress.com/---->> Nerea López Sa (1º Bacharelato)
» Cualificacións provisionais das probas de acceso a Ciclo Superior 2013Ven de publicarse no portal da xunta www.edu.xunta.es/fp as cualificacións provisionais das probas de acceso á Ciclos Superiores correspondentes a convocatoria do ano 2013. Para os que fixeron a inscrición no IES.Laxeiro poden facelo no seguinte arquivo. Convocatoria de probas de acceso a ciclos medios e superiores Ano 2013Convocadas as probas para acceso a ciclos medios e superiores según a resolución publicada no DOGA do 21 de xaneiro de 2013. Dirección,Xefatura de estudios e Orientación informarán ao alumnado interesado nestas probas que terán o seguinte calendario Para máis información consultade a resolución e nos seguintes arquivos adxuntos podedes formalizar a correspondente solicitude para presentarse ás probas.Lembrade que debedes facelo por duplicado. Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia (NOFC)NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN E CONVIVENCIA (NOFC) do centro (PDF adxunto), revisión 2021 NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN do centro (PDF adxunto), actualizado coa segunda revisión 2016
»
|
Novos números
|