Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, P.A.S., Historia, Equipo directivo, Horario, Servizos, Xefatura de Estudos, Oferta Educativa, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames, Convocatorias, DocumentaciónSorteo Cesta de Nadal pro "Viaxe fin de curso"Efectuado o sorteo da Cesta de Nadal o venres día 19 no Salón de Actos do IES Laxeiro , comunicar que o número premiado foi o 2429 noraboa para o afortunado/a e para todos/as
¡Bo nadal e feliz aninovo!
Composición do Consello Escolar do IES Laxeiro tras a renovación 2014Rematado o proceso de renovación do Consello Escolar, e tras a convocatoria de constitución, así queda configurado para os próximos dous anos o devandito Organo Colexiado do centro
Calendario renovación parcial Consello EscolarTras a reunión de constitución da Xunta Electoral e celebrada a 1ª reunión, aprobouse o calendario de renovación do Consello Escolar do IES Laxeiro que vai ter lugar durante o mes de novembro. Presentación de "Zapatillas Rotas"
O noso benquerido compañeiro Xabier Quiroga presenta o seu quinto libro "Zapatillas rotas", o vindeiro xoves 16 de outubro ás 20:00h no salón de actos do noso centro. Convidamos a toda a comunidade educativa a asistir a este evento, onde o escritor estará acompañado por Manuel Bragado, editor de Xerais, Celso Fernández Sanmartín e o noso director, Uxío Grande, como mestre de cerimonias.
Relación de Libros de texto para o curso 14-15 no IES.laxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 14-15. Calquera dúbida consulten na secretaria do centro. Nesta mesma páxina web poden atopar todo o referente á axuda de libros. - Relación de libros de texto ESO - Relación de libros de texto Bacharelato Noelia Blanco Pájaro, gañadora do concurso CocaCola de relato curto na súa VI edición."Bipolaridade" resultou ser o texto gañador da VI edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto organizado por Coca-Cola en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto da entrega de premios tivo lugar o venres na Cidade da Cultura En Santiago de Compostela. Acto no que a alumna de 2º ESO do IES Laxeiro acadou o premio de gañadora absoluta desta edición. Parabéns a Noelia Blanco Pájaro polo exito acadado, un feito que serve para continuar coa fermosa traxectoria do centro neste concurso. A noticia tivo repercusión en diferentes xornais coma El Correo Gallego ou Faro de Vigo. Axudas para a adquisición de libros de texto curso 2014-2015O DOG do 30 de maio de 2014 ven de publicar a Orde do 28 de maio pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. Presenta dúas novidades importantes con respeto ao ano pasado: 1º.- A finalidade das axudas é exclusivamente para libros de texto, non para material didáctico nin complementario. 2º.-A obrigatoriedade de conservar en bo estado os libros de texto, para incorporalos, ao remate do curso, a un fondo solidario que se constituirá no centro Nos seguintes arquivos podedes consultar toda a información relativa a este programa:
Resolución provisional de admisión de alumnado curso 2014-2015 no IES.LaxeiroPublicada a resolución provisional de amitidos para o curso 2014-2015 no IES.Laxeiro. O periodo de reclamacións estará aberto ata o día 29 de abril de acordo coa lexislación actual. Nos arquivos adxuntos tendes toda a información de interese. Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2014Comunicamos que no DOG nº 47 do día 10 de marzo de 2014 aparece a Orde do 5 de marzo pola que se convocan as probas de acceso á Ciclos Medios e Superiores correspondentes ao ano 2014.
Lugar e instruccións da proba de acceso a Ciclos Superiore Proceso de admisión e matrícula de ESO e Bacharelato para o curso 2014/2015A partires do vindeiro 1 de marzo e ata o día 20, comeza o procedemento de admisión e matrícula na ESO e Bacharelato para o curso escolar 2014/2015. Podedes consultar o novo Decreto e a ordeque o desenvolve, así como a súa corrección, as instrucións tanto da Dirección Xeral coma da Xefatura Territorial e tamén o calendario de todo o proceso. Nas seguintes ligazóns podedes atopar toda a información que precisas e os impresos que debedes rellenar para solicitar praza no centro.
1ª.-Anexo II solicitude de admisión ESO / BAC en galego 2ª.-Anexo II solicitud de admisión ESO / BAC en castelá 4ª.-Prazas vacantes ESO /BAC IES.Laxeiro 2014/2015 6ª.-Centros adscritos IES.Laxeiro 7ª.-Información do calendario de admisión 2014/2015 8ª.-Documento das áreas de influencia do IES.Laxeiro 9ª.-Acordo do Consello Escolar criterio complementario
|
Novos números
|