Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, P.A.S., Historia, Equipo directivo, Horario, Servizos, Xefatura de Estudos, Oferta Educativa, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames, Convocatorias, DocumentaciónActividades de formación en linguas estranxeiras 2017A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017. O prazo estará aberto do 28 de febreiro ata o 27 de marzo. Dita convocatoria está regulada pola Orde de 2 de febreiro 2017 e explicada no cartel anunciador da xunta.Para calquera información acudir a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle/ desde donde podedes tramitar a vosa solicitude ou ben imprimir a solicitude. Cartel anunciador das actividades
Acción formativa no IES Laxeiro dirixida prioritariamente a desempregadosO IES Laxeiro amplia a súa oferta educativa ofrecendo cursos formativos dirixidos prioritariamente a desempregados, a través dun convenio de colaboración entre as Consellarías de Economía,Industria e Emprego e a de Educación e Cultura. Dentro desa oferta, que se irá ampliando no futuro , o primeiro curso que sa vai implantar é o de "Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos", dentro da familia de automoción. A inscrición no curso deberase facer na Oficina de Emprego de Lalín e ten o seguinte prazo: 9 a 23 de febreiro. As caracterísiticas do curso: duración, programa formativo, calendario de desenvolvemento, requisitos de acceso e demais datos podedes consultalo no arquivo adxunto, así como o certificado de profesionalidade obtido. Para máis información podedes acudir tanto a Oficina de Emprego coma a Dirección do IES Laxeiro, onde teredes cumprida información desta oferta formativa. Novo sorteo da cesta de nadalO número agraciado no 2º sorteo da cesta de nadal é : 4736 De novo hai un mes para presentar o xustificante de gañador O IES Laxeiro contra a violencia de xénero, un ano máisO centro desprega a súa maquinaria igualitaria este 25 de novembro, aínda que non só, xa que todo o ano programa unha serie de actividades que poñen o foco na igualdade do home e da muller, tendo en conta que a nosa adolescencia construirá a sociedade do futuro. Un futuro que só pode ser mellor se os mozos e mozas que poboan as nosas aulas cren nun mundo igualitario e solidario. De aí que durante todo o ano diferentes organizacións e ONG paseen polos nosos corredores lembrando a todo o alumnado a importancia da construción social igualitaria. Esta semana, a actividade do 25N céntrase nos seguintes aspectos: .- Exposición de libros pola Igualdade baixo o cartel “Para que non exista a violencia debe existir a igualdade” .- A primeira hora da mañá, para todo o centro, o alumnado de 4º ESO –C realizará unha performance que pon a ollada máis directa sobre o problema do control na adolescencia. Control das redes sociais e control do xeito de vestir, a performance é unha metáfora do que están a vivir unha parte de mozas e mozos na nosa sociedade actual. .- Lectura de relatos e poemas en contra da violencia de xénero. .- A segunda hora da mañá o alumnado de 1º de ESO realizará unha plantación de flores violetas en lembranza das mulleres asasinadas este ano 2016. .- Durante os recreos, e no salón de actos, toda comunidade educativa está convidada a deixar a súa repulsa persoal contra esta lacra social. .- “Homes pola igualdade”: fotografías de homes con diferentes lemas que apostan pola igualdade. .- Ás 12, o alumnado de 4º de ESO estará no concello participando activamente na denuncia da violencia .- O sábado 26 o alumnado dos clubs de lectura de 4º ESO e 1º Bacharelato serán contacontos de lecturas pola igualdade no Pontiñas. Renovación parcial Consello Escolar 2016
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL Segundo a resolución do 26 de setembro do 2016 (DOG 4 de outubro), pola que se establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iníciase o proceso co seguinte calendario: VENRES, 28 DE OUTUBRO : Publicación dos censos electorais MÉRCORES, 02 DE NOVEMBRO: Sorteo público no SALÓN DE ACTOS, no 2º recreo (12.35 horas) para a composición da Xunta Electoral (2). NOTAS INFORMATIVAS: (1)- Artigo 40 do Decreto 324/1996 do 26 de Xullo (DOG 9 Agosto) e o punto 1 da disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG 26 de xaneiro) “... dous anos despois, substituiranse os membros non expresados na renovación parcial anterior, neste caso: cinco profesores/as (unha praza de substitución), catro alumnos/as( dúas prazas de substitución) e dous pais ou nais de alumnos/as matriculados/as no centro. (unha de substitución e un/ha representante ANPA), un representante do Persoal de Administración e Servizos. (2)- A Xunta Electoral, encargada de organizar o procedemento de elección, está formada polo Director do centro, un profesor/a, un pai/nai, un/ha alumno/a e un/ha representante do persoal non docente. Comunicación aos/ás pais/nais de alumnos/as Calendario do proceso electoral
Desde Kuopio ata Lalín
Do 14 ao 19 de outubro, dezaoito rapaces e rapazas finesas visitaron o IES Laxeiro. A visita corresponde á realizada polos alumnos e alumnas do IES Laxeiro á Jynkänlahden koulu, a súa escola, no mes de abril, dentro dun programa de intercambio coa cidade finesa de Kuopio. Estes alumnos, acompañados por dúas profesoras, foron acollidos por familias lalinenses e participaron na vida escolar do centro así como da convivencia familiar e vida social da nosa vila. O programa incluíu unha visita institucional ao concello así como a lugares emblemáticos da vila e da comarca como o museo Ramón Mª Aller, o Pazo de Liñares e museo da Marioneta, o mosteiro de Carboeiro ou a fervenza do Toxa. Igualmente, Santiago de Compostela e o pazo de Oca foron outras das visitas realizadas dentro do programa deste primeiro intercambio con Finlandia. Altamente satisfactoria e enriquecedora foi esta experiencia, que terá a súa continuación no presente curso escolar cando, no segundo trimestre, un grupo de estudantes do IES Laxeiro viaxe ata Kuopio para visitar a Jynkänlahden koulu. La Voz de Galicia, Faro de Vigo
Programa de Gratuidade de Libros de texto 2016-2017Publicación das listaxes de adxudicación definitiva e complementaria dos libros de texto para os niveis de 1º ESO e 3º ESO para o curso 2016-2017
Aberto o prazo para cursar estudos de adultos tanto na ESA como Bacharelato no IES LaxeiroAta o 15 de setembro está aberto o prazo para inscribirse e matricularse en estudos de ESA e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Ciencias Sociais no IES Laxeiro de Lalín. Os/as intersados/as poden acudir tanto a Xefatura de Estudos coma Secretaría e Dirección para informarse das diferentes ofertas que poden solicitar para o curso escolar 2016-2017. Tanto a circular 4/2016 que regula o Bacharelato de adultos como a Circular 5/2016 que desenvolve a ESA explican o funcionamento destes estudos. - Impreso de inscrición e matrícula na ESA - Impreso de inscricción en Bacharelato
Relación de Libros de texto para o curso 16-17 no IES LaxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2016-2017. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro. -Relación de Libros de Bacharelato -Relación de libros ce Ciclos F.P Quedaban pendentes para setembro as materias de L.Galega de 2º e 4º de ESO Admisión ce Ciclos Medios e Superiores para o curso 2016-2017Desde o luns, día 27 de xuño, ata o martes , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2016-2017. A Orde do 15 de xuño que regula este proceso de admisión sairá no DOG do vindeiro luns día 27. Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 27 de xuño ata o 7 de outubro. Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde a partires do luns teredes o impresos de solicitude de admisión.
|
Novos números
|