SUPERLAXEIRO

Super LaxeiroA última semana do curso  durante seis sesión de dúas horas, alumnos e alumnas de 3º e 4º PDC do noso instituto convertéronse en expertos monitores de consumo diante dos alumnos de 1º da ESO.

Despois de todo un curso de traballo e de asistir na Escola Galega de Consumo a unas sesión formativas sobre consumo e merchandising, na aula de 3º Diversificación montouse un improvisado supermercado ben abastecido e ben diseñado.

Neste super Superlaxeiro  grupos de 15 alumnos de 1º de Eso, baixo o maxisterio dos 19 alumnos de Diversificación, foron instruidos en etiquetado de productos  e incluso tiveron que simular unha compra muy real con diñeiro de verdade para demostrar que sabían  moverse polo difícil mundo das ofertas, promocións,etiquetase tiques. Os monitores estiveron fantásticos e os inquietos alumnos de 1ª da Eso deron un exemplo de saber estar. Felicidades a todos !!! (Galería de fotos)

A experiencia foi sen dúbida un punto de encontro diferente entre os alumnos. Unha maneira de facer consumidores responsables,  de aprender xogando e ademais, un xeito de intercambiar roles profesor-alumno que  fomenta a convivencia.

Este proxecto foi unha aprendizaxe integradora que esperamos  se repita mellorada nos seguintes anos.

Nesta ligazón podedes botar unha ollada ao noso super -> ligazón