Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
"La sonrisa de los caimanes" de Elvira Fe Nercellas, premio nacional da 53ª edición do Concurso de Relato Corto CocaCola
"Ahora me doy cuenta de que no es todo oro lo que reluce y de que los caimanes tienen una sonrisa malvada", así termina o relato co que Elvira ven de acadar o premio nacional do Concurso de Jóvenes Talentos de Relato Corto organizado pola Fundación CocaCola España. Tras proclamarse como o mellor relato da nosa comunidade neste momento está entre os seis mellores relatos que van a dilucidar cal é o gañador desta edición. Noraboa a Elvira e tamén a María Viana que se proclamou sexta no sector de Santiago. Elas as duas , xunto con Clara, Lucía, Juan Manuel e Verónica representaron ao IES Laxeiro e unha vez máis o noso centro acadou un éxito rotundo. Elvira sucede así a Nerea Brey, Cristina Pichel e Antía Crespo que no seu momento levaron ao noso centro á élite nacional. Grazas a todas elas por a ledicia deses momentos que foron inolvidables. O día 20 de xuño Londres espera coma agasallo e despois en Madrid, e na Residencia de Estudiantes, Almudena Grandes, Fernando Lalana e outros escritores de sona traballarán cos seis primeiros premios, entre os que estará Elvira, para tentar de gañar esta edición dun concurso do que entre outros partiparon e mesmo non gañaron: Antonio Muñoz Molina, Amenábar, Lucía Echevarría, Ageles Caso, Elvira Lindo, Gran Wyoming, Laura Casielles, Maite Carranza, Felipe Sahagún... Disfrutade do relato e da galería de fotos do acto celebrado o día sete de xuño en Santiago » |
Novos números
|