Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Bioloxía e XeoloxíaTres alumnos e alumnas de 2º de Bioloxía do bacharelato científico-tecnolóxico participarán na VII Olimpiada de BioloxíaO próximo día 13 de xaneiro de 2012 tres alumnos/as de 2º de bacharelato centífico-tecnolóxcio matriculados en Bioloxía, participarán na VII Olimpiada de Bioloxía na facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Programación e contidos mínimos 2011-2012Nas ligazóns que seguen pódense descargar a programación do departamento e os contidos mínimos que rixen para o curso 2011/12. » VI olimpiada de bioloxíaO pasado día 14 de xaneiro de 2011, desenvolveuse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago a VI edición da Olimpiada de Bioloxía de Galicia. Desde o IES Laxeiro participaron catro alumnas matriculadas na materia de Bioloxía de 2º de bacharelato científico-tecnolóxico: Jennifer Fernández, Carla Riádigos, Irma Riádigos e Janet Rodríguez O IES.Laxeiro acada o 1º Premio ao Proceso de Implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolarNa Resolución do 26 de Outubro , publicada no DOG do 12 de novembro,a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta da Galicia ven de conceder ao IES. Laxeiro un premio de 1.200€ pola súa labor de implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar en Galicia en centros educativos do ensino público non universitario correspondente ao curso 2009 - 2010. O arquivo adxunto queda coma testemuña do éxito acadado e polo que felicitamos aos Departamentos que están desenvolvendo estas actividades e en nome de todos eles, profes e alumnos/as, ao Xefe do Departamento de Bioloxía e Ciencias Naturais, Luís Jar, verdadeiro impulsor destas iniciativas. A Comunidade do IES.Laxeiro séntese unha vez máis orgullosa pola labor que se está levando a cabo en tantos eidos educativos e polos que segue colleitando tantos éxitos. ¡NORABOA! » Día da Ciencia e da Tecnoloxía en GalegoO pasado xoves día 4 tivo lugar o Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego, xornada de promoción da Ciencia galega e, sobre todo, de reivindicación para que se permita que as materias de matemáticas, física e química e tecnoloxías poidan ser impartidas en galego. No IES Laxeiro, gracias ao traballo conxunto dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía, organizáronse varias actividades para celebrar esta xornada. »
|
Novos números
|