Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego

O pasado xoves día 4 tivo lugar o Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego, xornada de promoción da Ciencia galega e, sobre todo, de reivindicación para que se permita que as materias de matemáticas, física e química e tecnoloxías poidan ser impartidas en galego.

No IES Laxeiro, gracias ao traballo conxunto dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía,  organizáronse varias actividades para celebrar esta xornada.

Así, durante toda a mañá e para  1º, 2º e 3º da ESO houbo unha exposición de avións de aeromodelismo no ximnasio. O alumnado estivo atento ás explicacións do noso experto José Manuel Poza e gozou coas demostracións que nos fixo no simulador de voo, algo sumamente difícil como puideron comprobar ao final da visita.

 

Exposición avións

 

No Salón de Actos, e para o alumnado de bacharelato, tivo lugar a conferencia de D. Victorino Gutiérrez Aller, sobriño de D. Ramón María Aller, co título "Os perfís humanos de Ramón María Aller".

Outra actividade, que se organizou conxuntamente co Ies Aller Ulloa, foi unha conferencia e demostración de robótica, para o alumnao de 4º de ESO.

Podedes ver fotos das actividades, como de costume, na galería de fotos do Centro.