Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
4º E.S.O.Os nosos contos favoritos: GaravanciñoAs alumnas e alumnos de 5 anos de Educación Infantil achégannos unha soberbia interpretación do coñecido conto de Garavanciño, a cal levamos a reunión transnacional en Tekirdag para amosar aos participantes dos países socios. Os nosos contos favoritos: Sabeliña e a mouraOs rapaces e rapazas de 4 anos que achegan e ilustran fantásticamente a lenda de Sabeliña e a moura para os noso proxecto. Logo do proxecto Tunnel of TimeXa temos logo do proxecto Tunnel of Time. Os votos dos participantes españois, fineses, franceses e turcos resultaron na elección, de entre os tres seleccionados en cada país, do logo dunha estudante finesa como logotipo oficial do proxecto no que participa o IES Laxeiro. Este é o elixido:
» Anxo Moure e alumnas-os do Laxeiro no CEIP M. RiveroDías atrás as nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero aprenderon e divertíronse coas historias de O carballo con botas, contadas de primeira man polo seu autor Anxo Moure. Son historias que defenden os bosques de carballos, teixos, bidueiros... e tentan fomentar o coidado do noso hábitat natural, frecuentemente ameazado desde diversas frontes. Concurso de logotipos Tunnel of TimeO alumnado de 3º e 4º de ESO participou no deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do proxecto Tunnel of Time. Velaquí unha mostra do proceso e dos logos presentados. O xurado, composto por catro alumnos-as de bacharelato e tres profesores, elixiu como finalistas » Visita e contacontos no CEIP Manuel RiveroAlumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Laxeiro, moitos deles membros do Club de Lectura do centro, visitaron hoxe as aulas de Educación Infantil do CEIP Manuel Rivero, no marco do proxecto Tunnel of Time. Hoxe levaron a cabo unha amena actividade introdutoria cos nenos e nenas de Educación Infantil do M. Rivero. Nunha sesión de contacontos, o alumnado do IES Laxeiro púxolle voz a contos e historias ilustrados que atentamente escoitaron os máis de 70 cativos e que supón o prefacio para próximas actividades conxuntas, na que contan tamén coa inestimable colaboración das profesoras do colexio.
» Visita á residencia As Dores no marco do proxecto Tunnel of Time - Erasmus+No día de hoxe visitamos a residencia As Dores, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. Unha toma de contacto dentro deste proxecto de colaboración cos tres países socios, Finlandia, Francia e Turquía. As actividades do proxecto levaranse a cabo dun modo parello nos tres países para logo compartir as experiencias. Xa que vivimos nun mundo cada vez máis interconectado, globalizado, onde cada vez nos movemos máis, é importante coñecer outras culturas, outras linguas e adquirir habilidades sociais, para a vida. Somos cidadáns europeos que temos ou teremos a posibilidade de traballar e vivir noutros países. E por iso queremos cooperar con xente doutros países pero tamén con persoas do noso pobo, de diferentes idades, achegándose a cultura e valores propios. Coñecer á residencia e os seus residentes é un primeiro paso.
Desde Kuopio ata Lalín
Do 14 ao 19 de outubro, dezaoito rapaces e rapazas finesas visitaron o IES Laxeiro. A visita corresponde á realizada polos alumnos e alumnas do IES Laxeiro á Jynkänlahden koulu, a súa escola, no mes de abril, dentro dun programa de intercambio coa cidade finesa de Kuopio. Estes alumnos, acompañados por dúas profesoras, foron acollidos por familias lalinenses e participaron na vida escolar do centro así como da convivencia familiar e vida social da nosa vila. O programa incluíu unha visita institucional ao concello así como a lugares emblemáticos da vila e da comarca como o museo Ramón Mª Aller, o Pazo de Liñares e museo da Marioneta, o mosteiro de Carboeiro ou a fervenza do Toxa. Igualmente, Santiago de Compostela e o pazo de Oca foron outras das visitas realizadas dentro do programa deste primeiro intercambio con Finlandia. Altamente satisfactoria e enriquecedora foi esta experiencia, que terá a súa continuación no presente curso escolar cando, no segundo trimestre, un grupo de estudantes do IES Laxeiro viaxe ata Kuopio para visitar a Jynkänlahden koulu. La Voz de Galicia, Faro de Vigo
Intercambio con Finlandia: Jynkänlahden koulu - IES LaxeiroDo 14 ao 20 de abril nove estudantes de 4º de ESO, alumnos e alumnas das seccións bilingües (inglés) do IES Laxeiro, participaron nunha estadía con familias e estudantes de Finlandia. A escola acolledora, Jynkänlahden koulu, atópase na cidade de Kuopio; alí os alumnos e alumnas viviron o día a día dos seus "hosts", tanto na escola como nas casas. Ademais da inmersión nas actividades lectivas, puideron coñecer de primeira man diversos aspectos da vida e cultura finesas, así como poñer a proba o seu inglés de maneira altamente satisfactoria. A hospitalidade e acollida por parte dos amigos fineses foi exquisita e entrañable, tanto do persoal da escola como das familias. Toda unha enriquecedora experiencia que terá a segunda parte no mes de outubro cando o IES Laxeiro e as familias dezás recibirán aos alumnos-as e profesores de Kuopio.
|
Novos números
|