Concurso de logotipos Tunnel of Time

O alumnado de 3º e 4º de ESO participou no deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do proxecto Tunnel of Time. Velaquí unha mostra do proceso e dos logos presentados.

O xurado, composto por catro alumnos-as de bacharelato e tres profesores, elixiu como finalistas a oito deseños, dos cales tres representarán ao IES Laxeiro na fase final do "Logo contest" do proxecto, xunto cos outros tres países participantes.

Os cinco finalistas (de esquerda a dereita: Brais García, Alba Gómez, Adriana Pampín, Alondra Ortega e Lorena).

 

E os tres elixidos para participar na fase final internacional: Noelia, Hugo Dafonte Noa Villar.