Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
1º E.S.O.O IES Laxeiro participa no XOGADE (deporte en idade escolar): campo a través en SilledaEste mércores 4 celebrouse no recinto ferial da semana verde de Silleda unha nova edición do “Cross escolar”, actividade programada dentro do XOGADE que é o plan de deporte en idade escolar da Xunta de Galicia. Para ver as fotos debes identificarte coa túa conta @ieslaxeiro.com Educación STEM para o alumnado do Laxeiro.Un grupo de alumnos e alumnas do IES participaron na semana STEM do 24 ao 30 de novembro. Un campamento de innovación educativa deseñado para espertar o interese na Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, a través de actividades cun enfoque eminentemente Maker (aprender facendo). Makey Makey, Microbit, Robótica, Xogos Matemáticos, Efecto invernadoiro ou Pegada ecolóxica, son algunhas das actividades realizadas polo noso alumnado e que abrangen as áreas inluídas no acrónimo STEM. Un acercamento interdisciplinar ao aprendizaxe que desenvolve habilidades como a investigación, o pensamento crítico, a solución de problemas, a creatividade, a comunicación e a colaboración. Ver mais Fotos - >Fai Click sobre a imaxe... ou ben en https://drive.google.com/open?id=1w6ql4g-231gkl9VTqdhzO8IGDaRZ2K2I
Deporte escolar: campionato de bádminton n'A EstradaEste martes 14 de maio celebrouse n'A Estrada a fase zonal da modalidade de Bádminton, correspondente as competicións do programa Deporte Escolar, organizada pola Xunta de Galicia. Alumnado de Silleda, A Estrada, Moraña e Lalín participaron nas categorías infantil e cadete masculino e feminino. 22 alumnas e alumnos do IES Laxeiro acudiron acompañados polo profesorado de EF, gozando dunha xornada deportiva con moi bo ambiente, na que fixeron labores de arbitraxe e de competidores. Parabens a todos e todas polo voso esforzo e comportamento. TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019
Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com
Destacada participación do IES Laxeiro no campionato escolar de campo a travésPreto de 900 escolares da comarca do Deza participaron na fase zonal do campionato escolar de campo a través, enmarcado no programa XOGADE. O IES Laxeiro competiu con 75 alumnas e alumnos de 1º, º e 3º de ESO, desafiando ás duras condicións meteorolóxicas, con moito frío e abundante choiva. As profesoras Sara, Olalla, Cristian e Ricardo exerceron as labores de acompañamento e preparación. O equipo do Laxeiro completou unha notoria participación coa práctica totalidade dos-as atletas, nas distintas categorías, finalizando as carreiras e acadando varios podiums. Os-as medallistas son:
Parabéns para todas-os os-as participantes!
O noso centro foi seleccionado para participar na Semana STEMTeremos un grupo de 25 alumn@s de 1º ESO de Campamento "Científico-Tecnolóxico-Enxeñería-Matemático" na semana do 2 ao 8 de decembro deste ano. Serán 13 nenas e 12 nenos que terán a oportunidade de participar nun escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez mais, sobre os diversos campos da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas - STEM. Esta actividade está organizada baixo a acción de Estratexia Galega de Educación Dixital (EduDixital2020) nas instalacións do Centro Vermislab. » Reunión transnacional Erasmus+ no IES LaxeiroDo xoves 24 de maio ao mércores 30 recibiremos a visita de estudantes e profesoras dos países socios no proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, no que participa o IES Laxeiro. Un total de 15 alumnas e alumnos procedentes de Finlandia, Francia e Turquía, acompañadas por seis profesoras, dúas por cada país socio, convivirán con familias lalinenses e participarán nas actividades escolares dos estudantes do IES Laxeiro. O proxecto implica a realización de obradoiros, actividades culturais e a integración nalgunhas horas lectivas por parte de estudantes e profesores visitantes. No IES Laxeiro sentímonos moi honrados de participar no proxecto coa escolas:
Semana Branca no IES LaxeiroUn grupo de alumnas e alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO estivo do 27 ao 3 de febreiro en Andorra iniciándose na práctica do esquí, no sector de El Tarter e Soldeu, no dominio de Grandvalira. Xornada Titoría Entre Iguais - TEIO derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, o xoves 21 de decembro, adicamos parte da xornada a fortalecer os lazos entre o alumnado participante no programa TEI por medio de xogos populares e tradicionais. Xornada de Convivencia con 1º de ESOEste venres, 13 de outubro, as alumnoas e alumnos de 1º de ESO xunto cos seus profesores e profesoras participaron nunha Xornada de Convivencia, co fin de facilitar o coñecemento e cohesión do alumnado, que provén de diferentes centros de Primaria e tamén establecer relacións de proximidade cos distintos profesores. Unha andaina pola Devesa de Moa permitiulles compartir conversa e camiñata, e coñecer as excelencias naturais desta paraxe, da que cabe destacar a súa ampla biodiversidade botánica e zoolóxica. Unha agrabable xornada para todos e todas. |
Novos números
|