Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
TaboleiroConvocatoria de probas libres da ESO para maiores de 18 anosA Consellaría de Educación, Cultura e O.U. ven ce convocar a proba de obtención da ESO para maiores de 18 anos. Períodos de inscricción: 1ª convocatoria: do 7 ao 18 de marzo 2ª convocatoria: do 1 ao 8 de xullo Datas da proba: 1ª convocatoria: 27 de maio 2ª convocatoria: 8 de setembro Lugar: Nos que aparecen na Resolución da convocatoria( DOG do 28 de xaneiro) Máis información no portal da xunta www.edu.xunta.es e na propia convocatoria do DOGA (Resolución DOG Xoves, 28 de Xaneiro de 2016) Podedes descargar o impreso de solicitude Aquí
Convocatoria de probas de bacharelato para maiores de 20 anosA Consellaría de Educación, Cultura e O.U. ven ce convocar a proba de obtención de bacharelato para maiores de 20 anos. Período de inscricción: do 18 de febreiro ao 3 de marzo Data da proba: 22 de abril Lugar: IES San Clemente de Santiago de Compostela Máis información no portal da xunta www.edu.xunta.es e na propia convocatoria do DOGA (Resolución DOG Xoves, 28 de Xaneiro de 2016) Podedes descargar o impreso de solicitude Aquì
Plan de Consumo de Froita no Laxeiro
O noso Instituto participa no Plan de Consumo de Froita promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Ao longo deste curso temos concedidos 4 períodos de reparto de froita durante os recreos para o noso alumnado. O primeiro período de reparto comezou o 30 de novembro e desenvolveuse ao longo de 10 días.
Os seguintes períodos terán lugar a partir do: - 15 de Febreiro - 4 de Abril - 6 de Xuño
Comendo froita e facendo exercicio físico a nosa saúde agradecerao. O número 3787 leva a fantástica Cesta de Nadal que sorteaban os alumnos de 4º ESOO/A Posuidora/a da papeleta premiada xa pasou a recoller a fantástica Cesta de Nadal con excelentes produtos que sorteaban os alumnos de 4º ESO. O número Premiado foi o: 3787 A rifa foi vendida pola alumna de 4º ESO Ángela Barrio e xa atopamos ao gañador.
NORABOA!!
Recordamos que o obxetivo das rifas era e é en PRO-VIAXE de Fin de Curso do alumnado de 4ºESO do IES Laxeiro. Un ano máis, contra a Violencia de XéneroNeste 25 de novembro puxémoslle nome a todas as vítimas do ano 2015. Unha flor violeta e unha folla individualizada simbolizaron a dor dos 48 asasinatos que ata este momento estaban oficialmente contabilizados. O alumnado de 4º de ESO A e PDC rodeou este acto simbólico con poemas, e declaracións de intencións. De fronte, o silencio dun público respectuoso sabedor da importancia que a nosa homenaxe particular tiña. O alumnado do Club de lectura puxo o seu gran de area interpretando unha performance nun acto que o Concello de Lalín organizou para toda a veciñanza, e no que participaron todos os Centros do Concello.
Na galería de imaxes tedes as fotos dese día, no que tamén, coa axuda do alumnado de 1º ESO A, plantamos primaveras en recordo a todas as vítimas. Asemade, queremos dar os parabéns ás alumnas María, Nerea, Aitana e aos alumnos Jorge e Anxo por seren os gañadores do Concurso de Twitter que organizou o Concello de Lalín. Aquí podedes ver, no arquivo adxunto, os chíos que mereceron ser premiados. Finalistas do IV Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2015 Aquí tendes un vídeo elaborado no propio centro:
Na nosa lembranzaVimos de saber que marchaches de onda nós, Xosé.
Celebramos o Día da Ciencia en Galego!Como hai políticos que cren que a nosa lingua non serve para ser científica, nos centros de ensino empeñámonos en demostrar que si. E resulta ben doado! Un ano máis, no noso centro decidimos dar o protagonismo ao alumnado de Diversificación para que fosen eles e elas quen demostrase que a ciencia pode explicarse en galego, converténdose en profesorado por un día. E que ben o fixeron! As experiencias xiraron arredor da luz e da óptica. Ver Fotos » Xornada de Convivencia na Devesa de Moa
A xornada foi un éxito de alegría e alumnos e profesores regresamos satisfeitos da experiencia. Neste enlace pódense ver algunhas fotos da xornada.
Visita do Dr. Ángel CarracedoO 2 do outubro tivemos a honra de ter entre nós ao Dr. Ángel Carracedo para desenvolver diversas actividades co noso alumnado. Entre música e presentacións adentrámonos no apaixoante mundo da investigación xenética mediante unha charla para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato. Descubrimos a placa que inaugura o Laboratorio de Bioloxía co seu nome, e o alumnado de 2º BAC disfrutou nel dun café coloquio. Na última hora da maña, o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a unha charla sobre o mundo da lectura. Nos seguintes enlaces pódense ver o programa de actividades, fotos e máis información publicada nos xornais da comarca: "El Faro de Vigo" e "La Voz de Galicia". Programa de actividades do día 2 de outubro Blog da Biblioteca ---> "Unha pegada indeleble" Resumo da visita BENVIDOS PRIMEIROS!!
A nosa biblioteca está xa a pleno rendemento. O venres 18 recibimos entre globos e festa aos cursos de 1º da ESO. Foi un primeiro encontro dos 75 rapaces co entorno da biblio.
Ensinámoslles as nosas 3 xoias do século XIX: os tres libros máis antigos dos fondos bibliográficos. Tamén viron fotos de hai 40 anos das instalacións que había entón no instituto para ler e estudar. Todos quedaron abraiados cando descubriron que o noso centro conta con máis de 14600 volumes rexistrados…¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
…e é que a Biblioteca do Laxeiro é pequeniña , pero xeitosa. Aquí tes máis imaxes.
|
Novos números
|