Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
TaboleiroRelación de Libros de texto para o curso 14-15 no IES.laxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 14-15. Calquera dúbida consulten na secretaria do centro. Nesta mesma páxina web poden atopar todo o referente á axuda de libros. - Relación de libros de texto ESO - Relación de libros de texto Bacharelato Axudas para a adquisición de libros de texto curso 2014-2015O DOG do 30 de maio de 2014 ven de publicar a Orde do 28 de maio pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. Presenta dúas novidades importantes con respeto ao ano pasado: 1º.- A finalidade das axudas é exclusivamente para libros de texto, non para material didáctico nin complementario. 2º.-A obrigatoriedade de conservar en bo estado os libros de texto, para incorporalos, ao remate do curso, a un fondo solidario que se constituirá no centro Nos seguintes arquivos podedes consultar toda a información relativa a este programa:
Intrépidos periodistas
A semana do 19 ao 23 de maio os alumnos de 1º ESO A viviron unha curiosa experiencia. Tres membros do equipo directivo prestáronse moi amablemente para ser entrevistados polos alumnos do primeiro curso da Eso. Armados os rapaces coas súas mellores armas lingüísticas e armados os membros do equipo coa súa mellor sonrisa, viviron todos uns momentos distintos e moi agradables. Un xeito diferente de ver o labor que se fai no centro dende a dirección e un modo distinto de aprender a aprender. Grazas a todos pola colaboración. Curiosea pinchando aquí. Voltamos coa froitaO vindeiro 19 de maio comezaremos cun novo periodo de reparto de froita durante os recreos. Aquí podes ver imaxes dalgúns traballos feitos polo alumnado de 1º de ESO para promocionar e reflexionar sobre o consumo saudable. Aproveita e ponlle cor á túa vida!. Pásate á froita!. Obradoiro de CaligrafíaO pasado 7 de maio un grupo de alumnado e profesorado participou nun Obradorio de Caligrafía, organizado pola Biblioteca e impartido polo profesor Jesús Mª Juaristi, experto no mundo da Caligrafía e da "Letra sen ansiedade". Traballamos con distintos tipos de materiais, plumas e tintas de distintos grosores e cores e disfrutamos aprendendo máis sobre esta "Arte". Aquí tedes unha pequena mostra das imaxes do Obradoiro. Viaxe Fin de curso 4º de ESODo 5 ao 11 de abril os nosos/as alumnos/as de 4º de ESO viaxaron a París con motivo da excursión de fin de curso. Visitaron os Museos e puntos de interese máis importantes. Complementaron esta visita con Versailles e Eurodisney.
"Clicka" aquí e comprenderás por que a esta capital se lle chama a cidade da luz e o do amor. Se queres ver a segunda parte.... de novo máis imaxes.
Resolución provisional de admisión de alumnado curso 2014-2015 no IES.LaxeiroPublicada a resolución provisional de amitidos para o curso 2014-2015 no IES.Laxeiro. O periodo de reclamacións estará aberto ata o día 29 de abril de acordo coa lexislación actual. Nos arquivos adxuntos tendes toda a información de interese. Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2014Comunicamos que no DOG nº 47 do día 10 de marzo de 2014 aparece a Orde do 5 de marzo pola que se convocan as probas de acceso á Ciclos Medios e Superiores correspondentes ao ano 2014.
Lugar e instruccións da proba de acceso a Ciclos Superiore Proceso de admisión e matrícula de ESO e Bacharelato para o curso 2014/2015A partires do vindeiro 1 de marzo e ata o día 20, comeza o procedemento de admisión e matrícula na ESO e Bacharelato para o curso escolar 2014/2015. Podedes consultar o novo Decreto e a ordeque o desenvolve, así como a súa corrección, as instrucións tanto da Dirección Xeral coma da Xefatura Territorial e tamén o calendario de todo o proceso. Nas seguintes ligazóns podedes atopar toda a información que precisas e os impresos que debedes rellenar para solicitar praza no centro.
1ª.-Anexo II solicitude de admisión ESO / BAC en galego 2ª.-Anexo II solicitud de admisión ESO / BAC en castelá 4ª.-Prazas vacantes ESO /BAC IES.Laxeiro 2014/2015 6ª.-Centros adscritos IES.Laxeiro 7ª.-Información do calendario de admisión 2014/2015 8ª.-Documento das áreas de influencia do IES.Laxeiro 9ª.-Acordo do Consello Escolar criterio complementario Éxito absoluto do IES Laxeiro na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014Os dous equipos do IES Laxeiro que participaron na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014 celebrada o 15 de febreiro na Coruña clasificáronse para a fase final, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa. O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC: Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas, clasifícouse en primeiro lugar, cos tres debates gañados e 98,50 puntos. O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC: Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, clasifícouse en segundo lugar, cos tres debates gañados e 95,75 puntos. Podedes consultar aquí os resultados. Os dous equipos pasan á fase final que se celebrará no Parlamento de Galicia os días 25 e 26 de abril.
|
Novos números
|