*
IES Francisco Aguiar - Curso 2023-2024Teléfono: 881 960 165Correo: ies.francisco.aguiar@edu.xunta.gal
|
||||||
CALENDARIO EXAMES PARCIAIS MATERIAS PENDENTES ESO BAC e CS1
HORA DE LER
«Entrar en casa de sus abuelos fue para Miguel lo mismo que entrar en una novela, porque sólo en una novela era imaginable encontrar aquel mundo magnífico, fascinante como un reino de leyenda. La oscuridad antigua y enigmática de la antesala aparecía atravesada por un haz soberbio de luz limpia en el que el aire flotaba majestuoso y casi visible.
Primeira semana: Campaña solidaria recollida de material afectados de Valencia
Enviado por chus.pardo o Ven, 15/11/2024 - 18:27O alumnado de 2º curso do CS de Marketing e Publicidade estivemos a traballar arreo toda a semana para avanzar na nosa campaña solidaria para recoller xoguetes, material escolar e libros para mozos e mozas, nenos e nenas que se viron afectados pola DINA en Valencia.
Preparamos moito material promocional: carteis, folletos, vídeos... todo para poder amosar a nosa iniciativa, tanto no ámbito do Instituto como fóra do mesmo. Ademais, recibimos as primeiras sorpresas agradables, xa nos fixeron chegar material que foi importante para os seus donos e donas pero que agora queren compartir cos demais. Que alegría nos dan!
E hoxe, para rematar a semana, comezamos a acercarnos polas aulas para contarlle a todos os nosos compañeiros e compañeiras a nosa iniciativa, e tamén ós profes e persoal non docente. Esperamos ser quen de chegar a eles e ser capaces de conseguir moitos "agasallos" para Valencia.
Lembrade que a vindeira semana, os días 19, 20 e 21, recolleremos aquelo que queirades facerlles chegar no Instituto entre as 10:30 e as 12:30. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!!
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...Presentación da novela de Pardo & Sáez
Primeiras doazóns - campaña solidaria Valencia
En resposta aos recentes acontecementos causados pola DINA, o instituto IES Ramón Menéndez Pidal, coa colaboración do IES Francisco Aguiar, lanzou unha campaña de recollida para axudar as familias afectadas.
- Xoguetes en bo estado
- Libros de lectura
- Xogos de mesa
- Material escolar e didáctico
Mes da ciencia na Biblio - actividade xoves 14
Continuamos coas actividades polo Mes da Ciencia na Biblio! Este xoves 14, no 2º recreo, a profe Sheila tenvos preparada unha sorpresa: unha actividade chulísima! Non a perdades! Esperámosvos!
Intercambio con Italia - información
Achégase a presentación utilizada na reunión informativa desta tarde sobre o intercambio con ITALIA. Recordamos que a data tope para anotarse, entregando o documento de condicións e normas asinado por proxenitores e alumno/a, é o venres ás 11.45 en Vicedirección.
No caso de seren seleccionados para participar, enviaráselles un email co número de conta do instituto para o ingreso do primeiro pago ese mesmo día.
Viaxe a Grecia - información
Achégase a presentación utilizada na reunión informativa de esta tarde sobre a viaxe a Grecia. Recordamos que a data tope para anotarse, entregando o documento de condicións e normas asinado por proxenitores e alumno/a, é o venres 15 de novembro ás 11:45 en Vicedirección ou ao profesor Francisco Calaza.
HORA DE LER
As landras e as follas dos carballos e os castaños caen ao chan para partillar cos cogomelos.
A nosa conversa xirará esta semana sobre as historias de Arkadi Avérchenko e Amaia Tomé.