Primeira semana: Campaña solidaria recollida de material afectados de Valencia
O alumnado de 2º curso do CS de Marketing e Publicidade estivemos a traballar arreo toda a semana para avanzar na nosa campaña solidaria para recoller xoguetes, material escolar e libros para mozos e mozas, nenos e nenas que se viron afectados pola DINA en Valencia.
Preparamos moito material promocional: carteis, folletos, vídeos... todo para poder amosar a nosa iniciativa, tanto no ámbito do Instituto como fóra do mesmo. Ademais, recibimos as primeiras sorpresas agradables, xa nos fixeron chegar material que foi importante para os seus donos e donas pero que agora queren compartir cos demais. Que alegría nos dan!
E hoxe, para rematar a semana, comezamos a acercarnos polas aulas para contarlle a todos os nosos compañeiros e compañeiras a nosa iniciativa, e tamén ós profes e persoal non docente. Esperamos ser quen de chegar a eles e ser capaces de conseguir moitos "agasallos" para Valencia.
Lembrade que a vindeira semana, os días 19, 20 e 21, recolleremos aquelo que queirades facerlles chegar no Instituto entre as 10:30 e as 12:30. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!!