Visita ao Museo das Mariñas

18/10/2024
Etc/GMT+1
O alumnado de 4° de ESO gozou dunha visita guiada ao museo da vila de Betanzos. Este museo, de aspecto decimonónico, aínda que inaugurado en 1983, vén de sufrir unha interesantísima remodelación que o transporta ao noso século XXI. Ademais ten unha nova sección musical. Noraboa ao Museo das Mariñas!

Intercambio con Italia - Reunión informativa

12/11/2024 16:30
Etc/GMT+1

Reunión informativa para as familias do alumnado do IES Francisco Aguiar matriculado en 4º da ESO e interesado en participar no intercambio con Italia.

 

Viaxe a Grecia - Reunión informativa

12/11/2024 15:30
Etc/GMT+1

Reunión informativa para as familias do alumnado do IES Francisco Aguiar matriculado en 1º de BAC sobre a viaxe a Grecia que organiza o departamento de grego.

Iniciativa solidaria a favor dos afectados pola DINA

08/11/2024
Etc/GMT+1

O IES Francisco Aguiar colabora nesta iniciativa solidaria de apoio ás persoas afectadas pola DINA de Valencia, organizada polo IES Ramón Menéndez Pidal.

Entre o 11 e 25 de novembro, recolleranse no noso centro:

- Xoguetes en bo estado para os nenos e nenas

- Xogos de mesa para a mocidade

- Libros de lectura

- Material escolar e didáctico 

O alumnado de ciclos formativos do noso centro participará nas tarefas de empaquetado das doazóns e na organización do envío. O transporte será realizado pola empresa colaboradora CTT Express con destino á Cruz Vermella de Valencia.

LUGAR PARA DEPOSITAR AS DOAZÓNS:

Departamento de Ciclos Formativos (edificio de Porquerizas), a primeira hora da mañá.

Colaboran:

IES Adormideras @ies.adormideras

IES Francisco Aguiar (Betanzos) @iesfcoaguiar

 

Moitas grazas a toda a comunidade!

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL [8 DE NOVEMBRO DE 2024]

08/11/2024 12:24
Europe/Andorra

 


 

EXTRACTO DA ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 8 DE NOVEMBRO DE 2024

 

  Proclamación dos candidatos

 

 

Titores, nais, pais

Agilda Fernández, Noel

Sánchez Fraga, Verónica

Vázquez Sánchez, Mª Gemma

 

Personal de administración e servizos

Yáñez Villaverde, José Luis

Profesorado

Alonso Álvarez, Alba

Álvarez Fernández, Mª del Mar

Calaza Fernández, Francisco

López Igrexas, Macías

Nogareda Marzoa, María

Vicos Lemos, Ana

Alumnado

Fente Silva, Izan

Maceira Otero, Laura

 

Silva Pérez, Martín

Migal Valiño, Juan

 

 

 

 

En Betanzos a 8 de novembro de 2024

Obradoiro de iniciación segura á pegada dixital

24/10/2024
Etc/GMT+1

 O alumnado de 3º da ESO que cursa Educación Dixital participou nun interesantísimo obradoiro ofertado pola Consellería de Educación.

 

HORA DE LER

03/11/2024 17:20
Europe/Andorra
Ler en silencio, na compañía dos outros lectores... 
Pode ser que das páxinas das suxestións de lectura emerxan xigantescos polbos, como na famosa historia de Verne, ou unha presenza que non sabemos definir, como no relato co que Sarai Pérez Castro ven de gañar o concurso de relatos de terror.

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL [29 DE OUTUBRO DE 2024]

29/10/2024 18:18
Europe/Andorra

 

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 29 DE OUTUBRO DE 2024

 

   Ás 16:15 horas do 29 d enovembro de 2024, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día: 

  1. Constitución da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar. 
  2. Aprobación dos censos electorais. 
  3. Aprobación do calendario electoral. 
  4. Rogos e preguntas. 

   Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:

  • Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores. 
  • Aprobar o seguinte calendario electoral:

Prazo de presentación de candidaturas: Do 29 ata as 14 horas do 7 de novembro. [Nesta entrada están os modelos para a presentación das candidaturas ben na secretaría do IES ou ben vía correo electrónico solictando rexistro de entrada]

Reunión da Xunta Electoral para a admisión, proclamación, publicación e sorteo público das mesas sectorais: 8 de novembro.
Prazo de reclamacións: 11 - 12 de novembro.
Proclamación definitiva de candidaturas: 12 de novembro 
Votación alumnado: 19 de novembro 
Votación profesorado: 19 de novembro [apertura de mesa:10:20 / peche da mesa: 11:30]
Votación pais/nais: 19 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
Votación do PAS: 19 de novembro de 14:30 ás 15:00
Proclamación de candidatos electos: 20 de novemembro
 
 
Noa Viqueira Miramontes [representante do alumnado]
José Luis Yáñez Villaverde [representante do PAS]
 
Álvaro Crego Deán [representante do profesorado]
 
María López Barcia [representante de nais, pais, titopres legais]
 
Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]
 
 
En Betanzos a 29 de outubro de 2024

AURORA BOREAL, Guillermo Mallo

28/10/2024 10:17
Europe/Andorra

Parabéns ao noso alumno Guillermo Mallo polas magníficas fotografías deste fenómeno atmosférico que moi excepcionalmente nos agasalla o firmamento.

HORA DE LER

27/10/2024 17:09
Europe/Andorra

Nestas datas que anteceden o día de defuntos, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida.

Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.   
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e un conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.
 
 
 
Deixamos a curtametraxe sobre o relato de Dieste (que fixera Xudit Casas), para os que pensan que convén ver tamén a película.
 
 
 
Distribuir contido