Traballos avaliación paisaxe: Ruta Betanzos - Rio Lambre - Ponte do Porco
O pasado martes 28 de maio o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de Eso realizou unha ruta dende o centro escolar ata a praia de Ponte po Porco co galo de facer unha avaliación da paisaxe da zona. Para iso desenvolveuse durante unha xornada escolar un roteiro de 16 km desde o centro escolar á próxima praia de Ponte do Porco. Durante o roteiro tiñan que avaliar, mediante unha recollida de datos nunha ficha, tres zonas diferenciadas: unha primeira urbana e agrícola, unha segunda máis rural, e por último unha terceira do río Lambre máis natural. Os aspectos recolleitos da paisaxe dividíronse para iso en tres bloques: elementos realizados polo ser humano , elementos naturais bióticos e elementos naturais abióticos. Tras esta análise deberían tipificar cada paisaxe e realizar unha valoración cuantitativa dos diversos aspectos atopados, tanto positivos como negativos. Con esta actividade pretendíase que recapacitasen sobre os distintos elementos que compoñen a paisaxe, así valorizar da paisaxe como un elemento importante na sustentabilidade, pola súa importancia ecolóxica, social e mesmo económica coimo fonte de turismo.
No ficheiro adxunop pode verse o mapa do percorrido e a ficha de recollida de datos para a avaliación da paisaxe
Torneo intercentros de fútbol feminino
O IES Francisco Aguiar organizou un torneo intercentros de fútbol feminino no marco do programa Xogade da Xunta. Participaron o IES As Mariñas, o IES de Breamo, o IES de Mugardos, o CPI Virxe da Cela, o CPI Vales Villamarín e o CPI Castro Baxoi.
Parabéns polo 3º posto conseguido tanto polo equipo infantil coma polo cadete!
HORA DE LER
O sol do mes de xuño anuncia o comezo do fin do curso.
Nós seguimos a ler, mesmo sen medo a saír voando!
Aí quedan un relato de Amaia Tomé e un conto de Emilia Pardo Bazán que agradarán a moitos lectores.
O xardín dos libros
Xa temos rematado o novo recuncho na Biblio: o Xardín dos Libros, un espazo con propostas para ler nun ambiente de calma coma a que nos ofrece a natureza. Achégate e goza desta novidade na Biblio!
Moitas grazas a X. M. Reybao polo magnífico mural pintado que fai que o recuncho sexa aínda máis bonito.
HORA DE LER
Programa EduMob de intercambio con Francia
A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a.
As datas previstas son as seguintes:
- Estadía en Francia: do 16/09/2024 ao 11/10/2024
- Acollida en Galicia: do 28/10/2024 ao 22/11/2024
DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega).
PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II)
DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I)
DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR: X ANIVERSARIO
Durante o curso 2013-2014 comezaron as primeiras reunións dos Clubs de Lectura.
Extendemos a convocatoria ás familias (e outros adultos da comunidade educativa) no inverno do 2013.
A primeira reunión sucedeu o 19 de marzo de 2014.
Iso significa que o 27 de marzo deste 2024, día da visita de José Ovejero, poderiamos ter conmemorado o décimo aniversario do noso Club de Lectura.
Aproveitaremos a xuntanza deste próximo mércores 29 de maio para festexar esta longa andaina.
19 horas
Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez
IES Francisco Aguiar
Concerto de Fin de Curso - B1 - Linguaxe e Práctica Musical
O alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato do noso instituto, guiados pola súa profesora Alba Alonso, convidou a toda a comunidade educativa a asistir ao Concerto de fin de curso na sala Xulio Cuns.
Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos
Álex Abad Mourón, alumno de 2º de Bacharelato D, participou na Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos na USC.
Visita ao Pazo de Meirás
Alumnado de B1 de Xeografía e Historia visitan o Pazo de Meirás, onde aprenden sobre a súa orixe e o seu rol na historia de España e de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »