Campionato Provincial de Campo a Través
Vintesete alumn@s de 2º e 3º da ESO participaron no Campionato Provincial de Campo a Través en Porto do Son. E ademais de vivir unha xornada deportiva e de coñecer alumnado doutros centros, o equipo feminino trouxo consigo un trofeo polo seu 3º posto! Parabéns!
Campionato Provincial de Orientación
Nove alumnos e alumnas do noso IES participaron hoxe no Campionato Provincial de Orientación. Para algunhas delas, foi a primeira experiencia deste tipo e están desexando aprender máis sobre esta práctica deportiva.
Obradoiros de costura
O equipo de mediación organizou dous obradoiros de costura, aproveitando a dotación de Polos Creativos, os días 16, 23 e 30 de abril.
VII Ludi Compostellani
O alumnado de Cultura Clásica participa de novo no Ludi Compostellani, dirixindo un obradoiro de mosaicos e gozando doutros organizados por outros centros.
HORA DE LER #DÍA DO LIBRO
A importancia dos Primeiros Auxilios coa Cruz Vermella de Betanzos
Enviado por chus.pardo o Mér, 17/04/2024 - 13:57O 12 de abril os alumnos de 1º curso de Marketing e Publicidade tiveron un taller destinado a enriquecer os seus coñecementos e habilidades no ámbito dos primeiros auxilios, co fin de que sexan quen de actuar de forma efectiva en situación de emerxencia.
Durante a primeira parte da sesión, afondamos nos fundamentos teóricos dos primeiros auxilios, abordando conceptos clave relacionados coa identificación de riscos, as causas dos accidentes e os procedementos adecuados para abordar cada tipo de situación de emerxencia.
A segunda parte do taller, de natureza totalmente práctica, proporcionounos a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos nun entorno simulado de situacións de emerxencia. Neste contexto, os estudantes enfrontáronse a escenarios simulados de feridos inconscientes que requirían reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico. Ademais, abordáronse situación de atragoamento e comprobamos como realizar adecuadamente a manobra de Heimlich para desobstruír as vías respiratorias.
Agradecemos á Cruz Vermella de Betanzos a súa colaboración e dedicación na formación dos nosos estudantes neste aspecto crucial para a seguridade e o benestar da comunidade.
HORA DE LER
Chuvia e sol...
Agroman nas nosas mans outras flores: os relatos de Carlos Mosteiro e O. Henry.
Proba competencia dixital alumnado 2º bacharelato
Accede á proba de CompDixEdu de 2º de Bacharelato na ligazón
https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/examinador
Observa-Acción (fase III) - Visita do IES Valle de Piélagos
O xoves e o venres, visitáronnos as nosas compañeiras do IES Valle de Piélagos de Cantabria. Esta visita forma parte da Fase III do programa da Consellería Observa_Acción. As dúas xornadas foron moi enriquecedoras e as reflexións posteriores de seguro que servirán para mellorar a nosa práctica docente.
Fálame da inmigración
O alumnado de 3º da ESO participa nunha actividade de Afundación de Abanca, unhas charlas con maiores sobre a inmigración.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »