Creamos palabras - Fundamentos léxicos
Nun mundo globalizado, e no que os avances científicos son constantes, é importante ter mecanismos para crear novos termos que sexan duradeiros no tempo. Por iso, acudimos ao léxico do grego clásico. O alumnado de Fundamentos Léxico xogou a crear novos termos que ben poderían xurdir nun futuro.
DinamizaBE: Dinamizacion nas RRSS
Enviado por chus.pardo o Xov, 27/06/2024 - 07:21O alumnado de 1º do CS de Marketing e Publicidade presentou diversas actividades de dinamización da cidade por RRSS, que quedaron reflectidas en presentacións como estas.
DinamizaBE: Roteiros por Betanzos
Enviado por chus.pardo o Xov, 27/06/2024 - 06:44O alumnado de 2º CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciias deseñou roteiros por Betanzos para que descubrades as marabillas da cidade.
Finalista Concurso Xurxo Lobato de fotografía
Claudia Pérez Villalta, alumna de 2º Bac C, quedou finalista no 19º Concurso de fotografía Xurxo Lobato, convocado pola Asociación de Amigos do IES Monelos da Coruña.
Coma a entrega de premios concindiu coa tarde da graduación, o propio Xurxo Lobato acercouse ao noso instituto co diploma e o premio. Grazas a el e PARABÉNS a Claudia!
DinamizaBE: Percorridos permanentes de orientación
Enviado por chus.pardo o Mér, 26/06/2024 - 19:28Aquí temos uns percorridos de orientación que che van permitir visitar Betanzos mediante a ruta das Pontes ou as aportacións á cidade dos irmáns García Naveira.
Climogramas (Meteoescolas)
Como xa é tradición dentro do Programa, rematamos o curso coa elaboración de distintos climogramas empregando os datos recollidos na estación. O alumnado de matemáticas de 1⁰ ESO B,C,D e E adicou dúas sesións do Bloque de Estatística e Probabilidade a traballar cos datos: extracción da páxina web de MeteoGalicia, conversión de .csv a .odf, comprensión do significado de cada columna, análise e representación de diferentes gráficos coa folla de LibreOffice Calc... Como produto final, cada alumno tivo que entregar un climograma dun mes ou unha quincena escolleito por eles mesmos. Velaquí uns exemplos:
Festival de fin de curso
As profesoras Elvira Castro e Mª José Pardo organizaron, para 2º da ESO e coa colaboración de alumnado de outros niveis, un marabilloso festival de fin de curso. Estas fotos son só unha mostra das variadas actuacións que desfilaron polo escenario, moi aplaudidas. Non hai máis que botarlle un ollo ao programa!
Torneo de fútbol de fin de curso
Nas últimas horas do último día de curso, o Departamento de Educación Física organizou un torneo de fútbol para o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. Velaiquí a foto dos gañadores de 1º da ESO!
Revista Bande 2024
Novo número da revista de banda deseñada BD Bande feita por alumnos e alumnas do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »