Climogramas (Meteoescolas)

18/06/2024
Etc/GMT+1

Como xa é tradición dentro do Programa, rematamos o curso coa elaboración de distintos climogramas empregando os datos recollidos na estación. O alumnado de matemáticas de 1⁰ ESO B,C,D e E adicou dúas sesións do Bloque de Estatística e Probabilidade a traballar cos datos: extracción da páxina web de MeteoGalicia, conversión de .csv a .odf, comprensión do significado de cada columna, análise e representación de diferentes gráficos coa folla de LibreOffice Calc... Como produto final, cada alumno tivo que entregar un climograma dun mes ou unha quincena escolleito por eles mesmos. Velaquí uns exemplos: