Skip to Content

Coche seguidor de luz

 

Os rapaces de Tecnoloxía de 4º realizaron este traballo final, no que debían poñer en xogo, todo o aprendido durante o curso.

ENTREVISTA A NÉLIDA PIÑÓN

Entrevista a Nélida Piñon,realizada  por Skipe entre Noia e Río de Janeiro por alumnado de 1º de Bacharelato do IES Campo de San Alberto.
A entrevista está enmarcada dentro do proxecto da revista do centro,  Entrepontes.

Acto de graduación

O pasado 20 de maio celebrouse o acto de graduación da promoción de Bacharelato 2014-16. Houbo de todo: intervención do Sr. Alcalde e dos titores dos grupos, actuacións musicais de alumnado e profesorado, proxección dun video realizado por Samuel León...

Despois foron todos a cear ao Pazo do Tambre, acompañados polos seus profes. Que ben se portaron todos e que ben o pasamos!

Se desexas ver máis fotos do acto, pica neste enlace.

Homenaxe a Manuel María

Aquí tedes dous vídeos dos nos@s artistas do coro do instituto homenaxeando ao mestre e poeta, Manuel María (Letras Galegas 2016). Nos arranxos musicais colaboraron o alumno Martín Moares e os profes Jaime e Claudina.

Foi un completo éxito, recibindo os parabéns tanto dos membros da directiva do IES Virxe do Mar, como da concelleira de Educación. 

Os desafíos da Química no século XXI

Dentro do programa de charlas "A ponte"  da USC, aquí vemos a José Ramón Leis  falando sobre "Os desafíos da Química no século XXI".

 

María López Sández

 

María López Sández asinando exemplares.

 A autora do libro " O faro Escuro" tivo un encontro con alumnado de 3º da ESO e do Clube de lectura do instituto. O encontro celebrouse na biblioteca do centro.

 

SAME 2016 en Santiago de Compostela

Coa participación de 5 centros educativos da comarca (CEIP López Ferreiro, IES Arcebispo Xelmírez I, IES Eduardo Pondal, Colexio San Francisco Javier, e IES Campo de San Alberto), celebrouse a Semana Mundial pola Educación (SAME), en Santiago de Compostela. Na foto, o acto inaugural que tivo lugar na praza da Quintana, o día 29 de abril.

Xornada de portas abertas nos ciclos de FP do noso Centro

O xoves  5 de maio , o departamento de orientación en colaboración cos departamentos de FP , organizou unha xornada de portas abertas para promocionar os ciclos de FP entre o alumnado de 4º da ESO do noso IES , así como do alumnado do IES Virxe do Mar e do IES de Porto do Son . 
 
Acudiron uns 40 alumnos .Logo dunha pequena presentación no salón de actos ,  foron divididos en 
3 grupos para facer un roteiro polo instituto e amosarlle as instalacións e aulas coas que contan os 
ciclos .Visitaron:
 
Os talleres do ciclo de telecomunicacións ...
 
Laboratorio de telecomunicacións. Laboratorio de telecomunicacións. Laboratorio de telecomunicacións.
 
Do ciclo de laboratorio e diagnóstico clínico ...
 
Laboratorio de diagnóstico Laboratorio de diagnóstico Laboratorio de diagnóstico
 
 E dos ciclos de administrativo .
 
Aula de administrativo Aula de administrativo Aula de administrativo

Video do XXV aniversario do Instituto

Un percorrido polos artigos de prensa, carteis, fotografías, actividades, programas internacionais... que evidencian a inxente labor realizada no noso Centro, durante os seus 25 primeiros anos de existencia.

Se queres, podes velo a pantalla completa en Youtube (unha vez iniciado, debes premer no seu logotipo). 

 

Charla de Manuel Portas

O venres día 22 de abril tivemos o pracer de disfrutar coa charla que deu no noso centro o profesor e escritor Manuel Portas.  O acto estivo enmarcado dentro do programa de actividades que o IES organiza con motivo do "Mes Cultural" e foi organizado por Normalización Linguística en colaboración co departamento de "Xeografia e Hª".

Distribuir contido


by Dr. Radut