Impresionante descenso do alumnado de 4º ESO e 1ª Bacharelato sobre o río Ulla e nun entorno natural privilexiado. Diversión, actividade física, emoción, risco..., pero todo baixo control pola gran coordinación e traballo en equipo de cada un dos membros das 5 embarcacións.
O mes cultural "Do libro ás letras" que organiza o EDLG do centro en colaboración coa Biblioteca terá lugar este ano, do 15 de Abril ao 26 de Maio. Se desexas ver o programa de actividades, preme no seu cartel.
Ábrese o prazo para presentar os traballos para participar no XXII Certame Literario "Alberto Romasanta" que organizan os equipos de dinamización da lingua galega dos dous institutos de Noia dende hai xa 22 anos con motivo das letras galegas. Se desexas ver as bases, pica enriba do cartel. Anímate!