Os días 12, 13 e 14 de febreiro tivo lugar en Guadarrama o V Encontro Global da REDE SOLIDARIA. Alí estivo representado o noso centro polas alumnas de 4º de ESO, María Creo e Carla Places, acompañadas da profesora María José Villaverde.
Atende ás súas reflexións sobre a experiencia que viviron:
"Esta viaxe significou para nós unha experiencia inolvidable. Unha gran oportunidade para decatarnos de que non loitamos sós. De que hai moitas persoas coma nós, cun mesmo obxectivo e que xuntos podemos cambiar o mundo.
Deixamos Madrid atrás conscientes de que quizá non vaiamos a ver nunca máis a estas persoas, pero podemos asegurar que gardaremos no noso recordo toda esta gran experiencia e todo o que aprendimos."