Skip to Content

Novas

VOYAGE À PARIS 2024

RESULTADOS DELF CURSO 2019-2020

Este departamento non pode estar máis orgulloso do resultado das probas DELF do curso 2020. A pesar de todas as complicación presentÁronse 13 alumn@s do noso centro ao B1 dos que aprobaron 12 e unha alumna ao B2 que tamén superou a proba.

MES FÉLICITATIONS!!!

DATAS DELF SCOLAIRE 2021

DATAS DELF SCOLAIRE 2021

DELF escolar 2019

Adxuntamos circular da Consellería de Educación sobre as probas DELF escolar en Galicia.

Un morceau de la Bretagne à Noia: Crêperie "La Marinière"

 A actividade consistiu na presentación da rexión da Bretaña por parte de Jérémy e na simulación de venda e compra de "crêpes" por parte do alumnado, todo esto en francés, por suposto.

As crêpes non eran simulación e estaban "délicieuses".Seguimos coñecendo a Bretaña!

 

Visita do Lycée Yves Thépot de Quimper

Dentro do noso proxecto "On échange la Galice et la Bretagne" recibimos o 13 de marzo o alumnado do Lycée Yves Thépot de Quimper. Foi unha xornada onde o alumnado francés e o alumnado que cursa francés de 3ºESO e 4ºESO do noso centro tivo ocasión de coñecerse e intercambiar experiencias. Unha boa experiencia que pode servir de introdución a un futuro intercambio entre os dous centros.

 

On échange la Galice et la Bretagne.

 

Acabamos de recibir as cartas do Lycée Yves Thépot de Quimper!!! Este curso o alumnado de francés de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBACH. establecerá unha correpondencia por carta co alumnado deste centro en primeiro lugar e despois tomarán contacto con eles no mes de marzo, data na que visitarán o noso centro.

CONTE AVEC MOI: “hahulala”

O venres tivemos connosco o contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou.Invitounos a viaxar a África a través das palabras e do ritmo.

Fillo de tradición oral, Samuel naceu no oeste do Camerún, nunha aldea onde siguen vivas moitas tradicións e costumes ancestráis. Nese contexto medrou e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.

O seu amplo e variado repertorio componse esencialmente de contos, lendas, anécdoras, parábolas e mitos africanos. Son historias en francés cheas de calor e cores que invitan a pensar e potenciar valores humanos como a solidaridade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, o mesmo tempo que nos transportou ata as profundidades do continente e ata o espíritu da África Negra .

Viaxe a París

O vindeiro 26 de marzo, viaxamos a París

Distribuir contido


by Dr. Radut