Skip to Content

Novas

Saída didáctica 1º e 2º ESO pola zona do Freixo

Saída didáctica de 1º e 2º de ESO: departamentos de CCSS e Relixión

Charla no muelle do FreixoTivemos un día fantástico, un sol espléndido para disfrutar dunha andaina que nos amosou unha paisaxe fabulosa. Partimos de Broña por un sendeiro que nos levou primeiro ata o Requeixo desde onde uns alumnos/as explicaron aos seus compañeiros unha breve descrición xeomorfolóxica da península do Barbanza e da nosa ría. A continuación retomamos un fermoso sendeiro á beira do mar que nos levou ata o Freixo. A ría era un fervedeiro de actividade, centos de barcos berberecheiros salpicaban a auga e ata nós chegaban as voces das mariscadoras a pé que nos saudaban con ledicia mentres tiraban do rastro coa auga ata a cintura. Pero aínda nos agardaba unha sorpresa maior, un espectáculo: a chegada ao porto do Freixo das embarcacións que rematan ás 12 do día a súa faena, e se aproximan ao peirao en manobras rápidas e calculadas, cotiás para eles, sorprendentes para nós.

Na lonxa, a bióloga da Confraría regalounos unha explicaciónRuta Broña O Freixo interesantísima sobre a riqueza marisqueira da nosa ría e o marisqueo da ameixa e o berberecho.

O departamento de Educación Físca colaborou na realización da marcha pola mañá e na toma de datos ca aplicación Oruxmaps para  que quedara constancia da ruta que será incluída na guía que se está a elaborar no proxecto europeo Comenius Regio.

Despois de xantar, xogar, compartir... ás 15:30 fomos a un Varadoiro e coñecemos o traballo que se realiza alí. Ás 16:30 fomos visitar a igrexa de San Xoán de Sabardes: interesantísimo, xa que no século XII era un mosteiro de monxes Bieitos que no século XV pasaron a depender do mosteiro compostelán de San Martiño Pinario.

A verdade, disfrutamos moitísimo e tivemos a oportunidade de coñecer e coñecernos mellor.

Freixo 2

Propostas 2º Bacharelato B

Aquí podedes atopar un enlace que vos levará á páxina Historia de España

Temario

Glosario

Actividades interactivas

Anécdotas y curiosidades

 

   
Distribuir contido


by Dr. Radut