A crise sanitaria causada pola pandemia a COVID-19 alterou a vida de millóns de persoas de todo o mundo, afectou a todos os ámbitos e xerou retos que debemos superar. O ámbito educativo é un dos que máis está a sufrir as consecuencias.
Unha Educación Física de Calidade é un dereito fundamental que reporta beneficios para as persoas, as familias, as comunidades e a sociedade en xeral; desempeña un papel importante no desenvolvemento dos coñecementos básicos sobre a actividade física, o benestar e as capacidades físicas; mellora a saúde mental e as capacidades psicolóxicas; acrecenta as capacidades sociais; contribúe á prevención e á rehabilitación dos que corren o risco de caer en adiccións, delincuencia, explotación ou pobreza; pode reportar importantes beneficios nos planos da saúde, social e económico. En definitiva, a EF é fundamental para o desenvolvemento integral do alumnado. Por iso, debemos garantir que se imparta de forma segura e responsable, para o persoal docente e o alumnado, asegurando así que adquiran as competencias clave e lles aporte as habilidades e oportunidades de promoción da saúde e benestar, tan importantes durante estes tempos incertos e difíciles.
No seguinte enlace pódese descargar a programación do departamento de Educación Física para o curso 2020-2021 que comprende tres materias:
- Educación Física
- Promoción de estilos de vida saudables
- Preparación de probas físicas reguladas
Programación 2020-2021