Estimadas familias e demáis comunidade educativa:
Dende o Equipo de Igualdade do noso centro desenvolvemenos con ilusión o noso Plan de Igualdade ao longo de todo o curso con diferentes actividades e propostas. Se visitades a pestana de Igualdade da nosa web atoparedes todas as propostas.
Agora estamos traballando en MARZO, CON M DE MULLER.
Entre as iniciativas que presentamos están:
1- “As mulleres reais superamos a ficción”. Decoramos o noso centro con carteis de películas nas que as protagonistas somos as mulleres do noso IES, superando á ficción audiovisual e contribuíndo ao proxecto interdiciplinar “O CINE”.
2.-Exposición “Cartas de Amor”. Dispoñible no hall do centro ata o 15 de marzo. Convidamos a todos os membros da comunidade educativa a visitala e a traballala dende as titorías e as diferentes materias.
3.- I MOSTRA DE CURTAS NO CASA: “RODANDO CONTRA A VIOLENCIA ÁS MULLERES”
Dende o 8 ao 18 de marzo estará dispoñible o visionado e o formulario de votación online na páxina web do centro e na pestana de igualdade.
Animamos de novo a toda a comunidade educativa a ver e a votar estas curtas que o noso alumnado de 1º de Bac e 2º ESO realizaron rexeitando a violencia ás mulleres.
Haberá 3 premios: segundo a votación do persoal do centro, segundo o resultado da votación das familias e segundo a votación do alumnado.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración e aportacións en favor da IGUALDADE.
O EQUIPO DE IGUALDADE