Skip to Content

Actividades

Día de Rosalía 2018

Recitado de poemas do alumnado de 1º ESO para o Día de Rosalía. Entre as imaxes de fondo hai debuxos deste grupo e tamén de alumnado de 6º de Primaria do Colexio Rodríguez Cadarso da Barquiña, feitos na xornada de portas abertas.

Premios do Certame Literario "ALBERTO ROMASANTA"

Premios do Certame Literario "ALBERTO ROMASANTA", organizado polo IES Campo de San Alberto e o IES Virxe do Mar (Letras Galegas 2018).

Relación de premiados

Programa do congreso Climántica-18

Xuntanza de Centros da Rede Climántica en Aveiro e Lisboa.

Podes consultar o programa picando na imaxe.

Cuestionario para o Panel Cultural do Blog "BIBLIOCSA"

Panel Cultural do Blog "BIBLIOCSA"

Podedes participar descargando e imprimindo o seguinte arquivo. Unha vez cuberto, entregádeo ao titor/a.

Cuestionario

Fotos na Galería de Imaxes

Tedes novas fotos de actividades feitas este ano na Galería de Imaxes.

Podedes acceder picando nos seguintes enlaces:

Viaxe a Andorra

Bádminton escolar

Carreira de orientación

Podcast da RTVG "Cruzar a Fronteira"

Podcast do programa "Un País Mundial" da Radio Galega coa entrevista ao alumnado das EBI, ao coordinador do documental "Cruzar a Fronteira", Suso Montero, e á Xefa de Estudios de Adultos Mariela Dosil.

Programa do Mes Cultural

Como cada ano celebraremos o Mes Cultural do Día do libro (23 de abril) ao Día das Letras Galegas (17 de maio) co seguinte programa:

Presentación en Londres do documental "Cruzar a Fronteira"

Un grupo de profesores e alumnos/as das ensinanzas para persoas adultas do noso Instituto acaba de regresar de Londres de presentar o documental sobre a emigración "Cruzar a Fronteira". O acto tivo lugar no Colexio español Vicente Cañada Blanch.

 

O documental forma parte do proxecto Erasmus+ "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca", galardoado co primeiro premio Miguel Hernández 2017 polo Ministerio de Cultura, Educación e Deporte.

 

   
Documental e debate Visita guiada polo barrio de Portobello

VI Encontro da Rede Solidaria

Este fin de semana tivo lugar o VI Encontro da Rede Solidaria de Xóvenes en Guadarrama (Madrid).

Foi unha experiencia incrible...Construíndo Cidadanía Global!

Podes picar na imaxe para ver fotos na galería

Distribuir contido


by Dr. Radut