XII Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante, celebrado en Santiago os días 9 e 10 de novembro e organizado pola USC.
O noso compañeiro, Suso Montero, participou como ponente representando ao noso centro, e contando o traballo feito na Educación de Adultos co proxecto "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca".
Durante todo o curso académico estaremos integrados no Programa CON-CIENCIA, no que se tratarán temas relacionados có medio ambiente e a sostenibilidade.
Dirixido a alumnado de 2º ESO, virán especialistas (oceanógrafos) para impartir dúas sesións ao mes, de maneira teórico-práctica.
O 16 de maio tivo lugar no noso centro a XXIV entrega dos premios do certame literario "Alberto Romasanta" que convocamos cada ano os dous institutos de Noia.
Nesta ocasión fixemos unha pequena homenaxe á figura de María Victoria Moreno e tivemos a sorte de contar como artista convidado a Cándido Pazó, que nos contou preciosas e divertidas historias relacionadas co mundo do mar.