Como vedes, aquí estamos en Ottawa. A viaxe foi longa pero sin problemas. Os rapaces portáronse moi,
moi ben... e creo que están encantados coas familiase coas actividades que están facendo.
Estiveron xuntos onte pola tarde, e hoxe tamén se ían concentrar a maioría. O único que non vai tan
ben son as comunicacións coa casa, porque algúns non teñen ben configurados os teléfonos, ou non
dan regulado as wifis ou rollos deses, pero penso que dun xeito ou doutro, cos ordenadores do insti
e tal vanse apañando.
Mándovos unha fotiño de todo o grupo na porta do cole, para que vexades que estamos ben, e
amenazamos con levar moitas mais...je je. Se chaman aí algúns pais, que non se preocupen, que
están en boas mans... todo son atencións, especialmente con nos. Todo son boas caras e amabilidade.
Ben, mais nada de momento. Mañán toca visita a cidade, ao parlamento, ao mercado... e imos
descansar un pouquiño para estar frescos...
Saúdos a todos. O Equipo Canadiense