Skip to Content

Erasmus+

Web do proxecto "Lighthouses and Stations. Trip to Ithaca"

Enlace á web do proxecto "Lighthouses and Stations. Trip to Ithaca".

http://users.sch.gr/Vigklas/erasmusplus/index.html

ERASMUS CURSO 2022/23

  • CARTA ECHE

logoerasmus

Podcast da RTVG "Cruzar a Fronteira"

Podcast do programa "Un País Mundial" da Radio Galega coa entrevista ao alumnado das EBI, ao coordinador do documental "Cruzar a Fronteira", Suso Montero, e á Xefa de Estudios de Adultos Mariela Dosil.

III Encontro de boas prácticas en ALV

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Educación Permanente do Goberno de Cantabria organizou  na UNED de Santander o III Encontro de boas prácticas en "Aprendizaxe ao longo da vida: un camiño sempre aberto hacia a aprendizaxe permanente".

Unha vez mais, o noso centro foi elexido para participar nunha mesa de boas prácticas con experiencias en proyectos europeos na que Suso Montero, como coordinador dos derradeiros proxectos Grundtvig e Erasmus+,  suliñou o valor engadido que éstos aportan á dinámica de traballo por proxectos.

Para máis información, picar na imaxe.

 

Presentación en Londres do documental "Cruzar a Fronteira"

Un grupo de profesores e alumnos/as das ensinanzas para persoas adultas do noso Instituto acaba de regresar de Londres de presentar o documental sobre a emigración "Cruzar a Fronteira". O acto tivo lugar no Colexio español Vicente Cañada Blanch.

 

O documental forma parte do proxecto Erasmus+ "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca", galardoado co primeiro premio Miguel Hernández 2017 polo Ministerio de Cultura, Educación e Deporte.

 

   
Documental e debate Visita guiada polo barrio de Portobello

Reportaxe do proxecto "Lighthouses and Stations. Trip to Ithaca"

Reportaxe da TVG sobre o traballo realizado polo alumnado das EBI no marco do proxecto Erasmus+ "Lighthouses and Stations. Trip to Ithaca".

1º Premio Miguel Hernández

O venres 26 de xaneiro foi entregado o 1º premio Miguel Hernández da convocatoria 2017 ao noso centro, polo proxecto "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca".

Este premio, de ámbito estatal, ten como finalidade apoiar e difundir boas prácticas e experiencias de aprendizaxe ao longo da vida.

Podes ver fotos do acto de entrega picando na imaxe, e consultar información máis detallada no seguinte enlace:

Premio Miguel Hernández

Erasmus+: Xornada Informativa

­­­­­

O día 15 de xaneiro, na Cidade da Cultura, tivo lugar unha Xornada Informativa sobre o programa europeo Erasmus+, organizada pola Secretaría Xeral de Cultura en colaboración co SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación).

O noso compañeiro Suso Montero foi elexido, unha vez máis, para representar ao IES Campo de San Alberto como exemplo de boas prácticas e, en representación do equipo que traballou con él durante máis de 10 anos (Mariela Dosil, Amalia Pérez e Juan Rodríguez), falou sobre os cinco proxectos implementados neste período, xa que catro deles acadaron nominacións como exemplos de "Boas prácticas", como "Historia de Éxito", como "Proxecto Estrela" da Comisión Europea e, no caso do derradeiro Erasmus+ "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca" o premio Miguel Hernández de innovación pedagóxica, o máis importante concedido polo MECD na súa categoría.

Ademáis, o documental "Cruzar a fronteira" foi presentado o pasado sábado día 13 de febreiro na Casa da Cultura de Portosín, cun notable éxito entre o público.

30 anos enriquecendo vidas, abrindo mentes

30 aniversario do programa Erasmus+

O noso compañeiro e profesor das Ensinanzas de Adultos, Suso Montero, participou na mesa de coordinadores de proxectos Erasmus+ para explicar ¿Cómo nos organizamos para participar en Erasmus+?.

Ao acto, celebrado en Albacete o pasado luns 9 de outubro, asistiron un centenar de coordinadores así como representantes do MEC, do SEPIE, da Comisión Europea e de diferentes comunidades autónomas.

Unha vez máis, o noso centro foi elixido coma exemplo de boas prácticas en proxectos europeos no sector da Educación de Adultos.

Erasmus+ "Lighthouses and Stations. Tryp to Ithaca"

E seguimos traballando en proxectos europeos. Esta vez no Erasmus+ "Lighthouses and Stations. Trip to Ithaca".

Podes enterarte de que vai, lendo o artigo que acaba de saír na prensa (pica na imaxe da esquerda).

Aínda que se queres ver a cantidade de cousas tan interesantes que fixeron, é mellor que accedas á súa páxina oficial (pica na imaxe da dereita).

Vaia traballo! Noraboa a todos os participantes.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut