Skip to Content

Actividades

Relación de premiados no certame literario "Alberto Romasanta" 2017

Xa se resolveu o XXIII Certame de poesía e relato "Alberto-Romasanta" 2017. Aquí tés a relación de premiados entre os que se atopan varios dos nosos alumnos e alumnas. Noraboa a tod@s!

Viaxe a Londres 2017.Filosofía bilingüe.

Alumnos de viaxe en Londres 2017

Alumnos de viaxe en Londres

Mes cultural

Este ano, homenaxearase a figura de Carlos Casares, autor a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas coa celebración dun Faladoiro sobre o escritor no que estará presente o seu fillo Hakan Casares e Xavier Castro, director do IES Virxe do Mar, que vén en calidade de profesor especialista en Lingua e Literatura Galegas.

Teremos como convidados a Luís Avilés, fillo de Avilés de Taramancos de quen se celebrou este ano o 25 aniversario do seu pasamento, para que nos fale do seu pai, para o cal contaremos tamén coa presenza de Pilar Sampedro.

Outros convidados serán os escritores Suso de Toro e Marina Mayoral. O mes completarase con saídas ao teatro e actividades organizadas polos diferentes departamentos.

Contaremos ademais coa exposición "Criaturas" de Jorge García Valenciano, diario de viaxe, fotografía e aventura.

Se o desexas, podes premer no cartel para ver o calendario de actividades.

MUSIQUEANDO 2017

Musiqueando 2017 é unha convocatoria nacional de concertos escolares na rúa, organizada po COAM, Confederación de Asociacións de Educación Musical.

O nome completo desta convocatoria é:

Musiqueando 2017-#nosimportalamúsica

e celébrase simultáneamente en todo o país o próximo 27 de abril.

O IES Campo de San Alberto tamén sairá a tocar e cantar á rúa, xunto co IES Virxe do Mar.

 

Vémonos o Xoves 27 de Abril por Noia!!! 

Ver mapa de Musiqueando

 

 

Parodias de antroido

Alumnos de 1º ESO

Letra

Profesores

Letra

Presentación Laura Lojo

Laura LojoLaura LOJO RODRÍGUEZ é profesora titular no Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina literatura en lingua inglesa e estudos de xénero. Laura dirixe o grupo de referencia competitiva ‘Discurso e Identidade’, financiado pola Xunta de Galicia, e o grupo de innovación docente ‘Identidade e Estudios de Xénero na cultura e literatura anglófona’.

Presentación sobre Virxinia Woolf

RosalíaTe

Presentación da mascota da biblioteca

PIALE CANADÁ 2016

 

Distribuir contido


by Dr. Radut