Skip to Content

Actividades

Rapazas Emprendedoras nas TIC

Campionato provincial de campo a través

O sábado 7 de febreiro celebrouse o campionato provincial de campo a través na praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal. O instituto estivo representado polo alumno Luis Mayán que fixo unha boa carreira. Campo a través

Fase Intercomarcal de Campo a Través

 

O Venres 23 de Xaneiro disputóuse a fase intercomarcal de campo a través, no Campamento Virxe do Loreto en Porto do Son.

Nela participaron dous alumnos do noso centro que conseguiran clasificarse previamente. Estes foron Moisés García Pedrosa (1º ESO) e Luis Mayán Martínez (2º ESO B), que fixeron unha gran carreira e disfrutaron dun día marabilloso practicando deporte, incluso conseguindo (nun caso) a clasificación para a fase Provincial.

Esta fase Provincial, disputarase na Pobra do Caramiñal o vindeiro Sábado 7 de Febreiro.

Noraboa aos dous deportistas e a todos os que participastedes neste curso nas carreiras de campo a través.

 

 

 

Saída do alumnado de 2º Bacharelato para disfrutar da película "A Esmorga"

 

Cartaz da película "A Esmorga"

 

O alumnado de 2º de Bacharelato saíu o día 17 de decembro a Santiago cos profesores Mercedes Rivas e Matías Barreiro para visionar a película " A Emorga " do director Ignacio Villar, baseada na novela do mesmo título de Eduardo Blanco - Amor.

 

Con Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris" e Karra Elejalde nos papeis de o Cibrán, o Milhomes e o Bocas, o filme narra a liña principal do argumento da novela co destrutivo periplo dos 3 protagonistas polas rúas de Auria, aínda que deixa pouco ou nada apuntados outros aspectos moi importantes da obra, tal e como observaron os alumnos e alumnas que a teñen no seu programa de Literatura.

Visita ao Ézaro

O día 18 de decembro os alumnos de 4ºESO e 2ºBAC-C acompañados de dous profesores viaxamos ao Ezaro, para contemplar a espectacular desembocadura do río Xallas en forma de fervenza. Este é o único río de Europa que desemboca deste xeito debido a dureza da rocha granítica do Pindo que constitúe o seu leito. A auga do río non foi quen, no transcurso de milenios, de excavar a rocha  e o río desemboca salvaxe e rebelde.


Os Xoves con android: aplicacións de fotografía

O xoves 13 de novembro Samuel falounos das, para el, mellores aplicacións de fotografía para os móbiles. Seguiremos o próximo xoves falando do mesmo tema.

Animádevos a asistir. Está moi interesante.

 

Os Xoves con Android

1 charla xoves con android

O Equipo das TIC do instituto, en colaboración co alumno Samuel León, de 1º de bacharelato, organiza os xoves no 2º recreo, na aula de audivisuais, unhas xuntanzas para os que queiran aproveitar mellor as funcionalidades dos seus teléfonos móbiles.

O xoves 6 de novembro comezamos co primeiro encontro e quedamos en tratar aplicacións de fotografía o xoves 13.

Todos os interesados estades convidados. 

Diferentes aplicacións, Rootear o móvil, Launchers, versións de android (kit kat, lollipop...), análisis de diferentes modelos de teléfonos, serán temas que se poderán tratar nestas xuntanzas. 

Novo meeting en Volos (Grecia)

A primeira semana do curso (16 a 22 de setembro), dentro do proxecto europeo Comenius Regio no que está a participar o instituto xunto con outras institucións galegas e gregas, un grupo de alumnos e profesores tiveron un novo encontro cos seus colegas gregos, na cidade de Volos. A parte máis importante do encontro levouse a cabo nun albergue situado no monte Pelion, a carón de Volos. O noso alumnado merece ser felicitado, tanto polo seu comportamento como pola excelente presentación do traballo que expuxeron diante dos anfitrións.

Os profes tamén realizaron reunións de traballo entre eles para avanzar no proxecto que compartimos e como na anterior ocasión, quedamos encantados coa excelente acollida que recibimos dos aprezados amigos gregos.

Concurso de fotografía

Campionato de fútbol-sala

O Mércores 21 de Maio celebráronse as finais do campionato de Fútbol sala do instituto. O campión deste curso 2013/14 foi o 1906 RED VINTAGE F.S que venceu na final ao NEW TEAM. Os PROFESSIONAIS quedaron nunha honrosa terceira posición.

SUBCAMPIÓNSCAMPIÓNS3º CLASIFICADO

Distribuir contido


by Dr. Radut