Visita ao Ézaro
O día 18 de decembro os alumnos de 4ºESO e 2ºBAC-C acompañados de dous profesores viaxamos ao Ezaro, para contemplar a espectacular desembocadura do río Xallas en forma de fervenza. Este é o único río de Europa que desemboca deste xeito debido a dureza da rocha granítica do Pindo que constitúe o seu leito. A auga do río non foi quen, no transcurso de milenios, de excavar a rocha e o río desemboca salvaxe e rebelde.
Visitamos as instalacións da central eléctrica que se asenta no encoro de Santa Uxía, unha das primeiras de Galicia (1903). Un técnico ensinounos a evolución tecnolóxica da maquinaria desta central. Entramos tamén no seu Museo retrocedendo aos inicios da investigación sobre a electricidade e o seu aproveitamento industrial.
Neste pais dos mil ríos, o Xallas e os seus numerosos encoros, amosáronnos a inmensa riqueza da nosa terra e a importancia do aproveitamento das súas augas para a sociedade na que vivimos.
- APIs de Blogue