Skip to Content

CONTE AVEC MOI: “hahulala”

O venres tivemos connosco o contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou.Invitounos a viaxar a África a través das palabras e do ritmo.

Fillo de tradición oral, Samuel naceu no oeste do Camerún, nunha aldea onde siguen vivas moitas tradicións e costumes ancestráis. Nese contexto medrou e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.

O seu amplo e variado repertorio componse esencialmente de contos, lendas, anécdoras, parábolas e mitos africanos. Son historias en francés cheas de calor e cores que invitan a pensar e potenciar valores humanos como a solidaridade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, o mesmo tempo que nos transportou ata as profundidades do continente e ata o espíritu da África Negra .



page | by Dr. Radut