Skip to Content

Un mariñeiro na ría de Noia

Charla de Emilio García do Museo do Mar Etnolóxico de Noia, celebrada o mércores 15 de novembro no salón de actos do instituto.

 

Contounos cómo foi a súa vida de mariñeiro dende os oito anos e asistindo á escola só dous anos, para rematar escribindo máis de 50 libros (4 editados e unha obra de teatro).

Entrega do emblema como centro Pluribach

Acto de entrega do emblema de centro Pluribach, celebrado o mércores 15 novembro na "Cidade da Cultura"

Coa presenza do Conselleiro de Educación e coa asistencia por parte do centro de Marga García (Secretaria), Manuel Torres (profesor de materia pluribah) e Aurora Mato (coordinadora CLIL).

Tivo lugar unha mesa redonda coa intervención de Manuel Torres dando a súa opinión sobre as vantaxes de ser centro Pluribah e sobre aspectos da materia de IMAX de 2º Bach.

Día mundial da Saúde Mental

O xoves 5 outubro recibimos a visita de varios membros da asociación "A Creba" para montar unha mesa informativa sobre o "Día mundial da saúde mental"

Montaron un mural físico e virtual no que cada membro da comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais e nais, personal non docente,...) podía facer propostas para fomentar a saúde mental no entorno laboral. Numeroso alumnado aproveitou a actividade, tanto nos recreos coma en horas de clase cos seus profesores e profesoras.

Rota de sendeirismo por Broña

O venres 6 de outubro, o alumnado de 1º Bacharelato disfrutou dun maravilloso día practicando sendeirismo pola contorna da praia de Broña (Serra de Outes).

Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Educación Física, organizaron dita actividade, en relación co tema xeral de traballo escollido para este ano, "O noso Mar", aproveitando a actividade para entrevistar a varios traballadores do concello outiense, sacar fotos da contorna, camiñar a bo ritmo e facer un estudio da distancia recorrida e o consumo de calorías.

Obradoiro de decoración (Samaín)

24 Out 2017

Obradoiro de decoración e manualidades do Samaín

Luns 23 e 30 de outubro, entre as 14:30 h. e as 16:20 h.

Será impartido por Malena Sánchez Barreiro coa colaboración directa da “Rede solidaria”, o EDLG (Equipo de dinamización da Lingua Galega) e o equipo da Biblioteca.

Pode participar todo o alumnado que o desexe, anotándose en vicedirección e cubrindo a autorización correspondente... Animádevos!

Día da Biblioteca, Samaín e Magosto

31 Out 2017 23:59

 Decora a túa cabaza! Haberá premios!

Luns 30 de outubro: exposición de cabazas.

Martes 31 de outubro:

4ª hora: acto de entrega de premios de "Contos de Medo", na Biblioteca.
5ª-6ª hora: elección das cabazas premiadas e celebración do Magosto, con xogos populares e degustación das castañas.

30 anos enriquecendo vidas, abrindo mentes

30 aniversario do programa Erasmus+

O noso compañeiro e profesor das Ensinanzas de Adultos, Suso Montero, participou na mesa de coordinadores de proxectos Erasmus+ para explicar ¿Cómo nos organizamos para participar en Erasmus+?.

Ao acto, celebrado en Albacete o pasado luns 9 de outubro, asistiron un centenar de coordinadores así como representantes do MEC, do SEPIE, da Comisión Europea e de diferentes comunidades autónomas.

Unha vez máis, o noso centro foi elixido coma exemplo de boas prácticas en proxectos europeos no sector da Educación de Adultos.

Concurso de Contos de Medo

20 Out 2017

 

Concurso de Contos de Medo para SAMAÍN

1º/2º ciclo da ESO

 

Invéntate unha historia terrorífica e participa neste concurso!

Haberá premios!

Entregade os contos no Departamento de Subalternos antes do 20 de outubro, nun sobre grande co seudónimo por fóra e un sobre pequeno co nome real e o curso.

 

PRIMEIRO PREMIO MIGUEL HERNÁNDEZ INNOVACIÓN PEDAGÓXICA 2017

ANIMÁDEVOS A VERNOS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut