Skip to Content

Programa do Mes Cultural

Como cada ano celebraremos o Mes Cultural do Día do libro (23 de abril) ao Día das Letras Galegas (17 de maio) co seguinte programa:

As EBI no Telexornal da TVG

Reportaxe no Telexornal da TVG sobre as Ensinanzas de Adultos no IES Campo de San Alberto

III Encontro de boas prácticas en ALV

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Educación Permanente do Goberno de Cantabria organizou  na UNED de Santander o III Encontro de boas prácticas en "Aprendizaxe ao longo da vida: un camiño sempre aberto hacia a aprendizaxe permanente".

Unha vez mais, o noso centro foi elexido para participar nunha mesa de boas prácticas con experiencias en proyectos europeos na que Suso Montero, como coordinador dos derradeiros proxectos Grundtvig e Erasmus+,  suliñou o valor engadido que éstos aportan á dinámica de traballo por proxectos.

Para máis información, picar na imaxe.

 

Presentación en Londres do documental "Cruzar a Fronteira"

Un grupo de profesores e alumnos/as das ensinanzas para persoas adultas do noso Instituto acaba de regresar de Londres de presentar o documental sobre a emigración "Cruzar a Fronteira". O acto tivo lugar no Colexio español Vicente Cañada Blanch.

 

O documental forma parte do proxecto Erasmus+ "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca", galardoado co primeiro premio Miguel Hernández 2017 polo Ministerio de Cultura, Educación e Deporte.

 

   
Documental e debate Visita guiada polo barrio de Portobello

Festival de Clipmetraxes

O alumnado de Imaxe e Son (2º BAC) participa con duas curtas nun concurso nacional.

Podes ver as curtas e votar nos seguintes enlaces:

http://www.clipmetrajesmanosunidas.org/videos/mesa-la-terraza/

http://www.clipmetrajesmanosunidas.org/videos/pan-hoy-hambre-manana/

Reportaxe do proxecto "Lighthouses and Stations. Trip to Ithaca"

Reportaxe da TVG sobre o traballo realizado polo alumnado das EBI no marco do proxecto Erasmus+ "Lighthouses and Stations. Trip to Ithaca".

VI Encontro da Rede Solidaria

Este fin de semana tivo lugar o VI Encontro da Rede Solidaria de Xóvenes en Guadarrama (Madrid).

Foi unha experiencia incrible...Construíndo Cidadanía Global!

Podes picar na imaxe para ver fotos na galería

Premios do Concurso de Relatos "AMAR O MAR"

Aproveitando as xornadas de portas abertas o 16 de Febreiro fíxose un acto de acollida do alumnado de Primaria do CEIP Plurilingüe Rodríguez Cadarso da Barquiña que se aproveitou para celebrar a entrega dos premios correspondentes ao concurso de relatos que organizamos conxuntamente entre os dous Equipos de Dinamización da Lingua e da Biblioteca, así como as direccións de ambos centros.

O xurado estaba composto por profesorado de cada centro, e os relatos estaban repartidos nos niveis de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Durante o acto houbo intervencións musicais de alumnado dos dous centros, así como recitado de poemas e cancións por parte de alumnado da EBI, e lectura dos relatos premiados, converténdose así nun interesante evento interxeracional.


Relación de premiados

6º de Primaria:

Lucas Pardo Túñez por "María e o mar"

Antón Palacios Sánchez por "O meu amigo o mar"

1º e 2º ciclo de ESO:

Sofía Isabel Marcano de 2º ESO por "Nostalxia"

Paula Places Horta de 3º ESO por "Ondas amargas"

Bacharelato e Ciclos:

María Creo Rodríguez de 2º BAC (sen título)

Yaiza Collazo Lojo de 1º Admon e Finanzas por "Amor polo mar"

Xornadas de portas abertas

Agardamos a vosa visita durante as Xornadas de Portas Abertas que celebraremos durante a semana do luns 26 de febreiro ao venres 2 de marzo, de 16:20 a 19:00 horas.

Teremos a oportunidade de coñecernos, amosar as nosas instalacións, a oferta educativa, as actividades e programas complementarios, programas formativos...

ACHÉGATE A COÑECERNOS!

Podes consultar a nosa oferta educativa para o curso 2018-2019 no apartado de "Información Oficial", dentro da sección O Centro.

1º Premio Miguel Hernández

O venres 26 de xaneiro foi entregado o 1º premio Miguel Hernández da convocatoria 2017 ao noso centro, polo proxecto "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca".

Este premio, de ámbito estatal, ten como finalidade apoiar e difundir boas prácticas e experiencias de aprendizaxe ao longo da vida.

Podes ver fotos do acto de entrega picando na imaxe, e consultar información máis detallada no seguinte enlace:

Premio Miguel Hernández

Distribuir contido


by Dr. Radut