Skip to Content

Fotos de actividades do 2º trimestre

Na "Galería de imaxes" podedes ver fotos das seguintes actividades:

- Charla da USC para 2º BAC

- Bádminton escolar na Serra de Outes (ESO)

- Exposición de Aministía Internacional "Amar no es delito", que estará montada na entrada do Centro durante un par de semanas.

Charla da USC Bádminton escolar Exposición de Amnistía Internacional

Presentación de Módulos 2 e 4 da ESA

Presentación de Módulo 2 e Módulo 4 da Ensinanza Secundaria de Adultos.

O alumnado matriculado en xaneiro debe acudir á presentación dos módulos o mércores 6 de febreiro ás 16:30 h.

Matrícula en Módulos 2 e 4 da ESA

Aberto o período de matrícula para Módulo 2 e Módulo 4 da Ensinanza Secundaria de Adultos.

Prazo de presentación de solicitudes: do 9 ao 16 de xaneiro.

O alumnado de nova incorporación pode solicitar o sobre de matrícula nas dependencias administrativas do Centro.

As clases nestes módulos comezarán o luns 11 de febreiro, co mesmo horario.

On échange la Galice et la Bretagne.

 

Acabamos de recibir as cartas do Lycée Yves Thépot de Quimper!!! Este curso o alumnado de francés de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBACH. establecerá unha correpondencia por carta co alumnado deste centro en primeiro lugar e despois tomarán contacto con eles no mes de marzo, data na que visitarán o noso centro.

Alumnado da EPA na TVG

Alumnado de educación para persoas adultas do noso centro foron invitados e entrevistados no programa da TVG "Vin polo Vento".

CAMPO DE SAN ALBERTO EN NEGRO

MARTES 27 NOVEMBRO A 4ª HORA

Consulta aquí o programa.

Celebración do Magosto e día das Bibliotecas

O venres 9 de novembro celebramos o Magosto, o día das Bibliotecas e actividade Contacontos.

Podedes ver fotos destes eventos na galería de imaxes.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

XII Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante

XII Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante, celebrado en Santiago os días 9 e 10 de novembro e organizado pola USC.

O noso compañeiro, Suso Montero, participou como ponente representando ao noso centro, e contando o traballo feito na Educación de Adultos co proxecto "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca".

CONTE AVEC MOI: “hahulala”

O venres tivemos connosco o contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou.Invitounos a viaxar a África a través das palabras e do ritmo.

Fillo de tradición oral, Samuel naceu no oeste do Camerún, nunha aldea onde siguen vivas moitas tradicións e costumes ancestráis. Nese contexto medrou e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.

O seu amplo e variado repertorio componse esencialmente de contos, lendas, anécdoras, parábolas e mitos africanos. Son historias en francés cheas de calor e cores que invitan a pensar e potenciar valores humanos como a solidaridade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, o mesmo tempo que nos transportou ata as profundidades do continente e ata o espíritu da África Negra .

Distribuir contido


by Dr. Radut