Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
1. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión do 11 ao 18 de maio de 2020.
Podes realizar a solicitude de 3 maneiras:
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. Para esta opción precisas a chave 365 ou certificado dixital.
É necesaria a presentación da copia do DNI do alumno ou alumna.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes a través da seguinte LIGAZÓN ADMISIÓN.
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO CENTRO
LUNS A VENRES DE 10:00 H. A 13:00 H.
Consulta aquí os prazos do procedemento