Skip to Content

MUSIQUEANDO 2019

Musiqueando 2019 é unha convocatoria nacional de concertos escolares na rúa organizada por COAEM, Confederación de Asociacións de Educación Musical.
O nome completo desta convocatoria é: Musiqueando 2019 - #nosimportalamúsica e celebrase simultáneamente en todo o país o próximo 11 de abril. O obxectivo de Musiqueando 2019 á celebrar un día de festa pola Música escolar e compartilo con toda a sociedade. ​Para elo, sacaremos a música das aulas á rúa e faremos un pequeno concerto. Seremos sobre 350 centros escolares e máis de 40.000 participantes.

O alumnado de Música do IES Campo de San Alberto unirase ao do IES Virxe do Mar e tocaremos xuntos. Será o próximo XOVES 11 DE ABRIL de 10:30 A 12:30 horas diante do IES Virxe do Mar.

ACHÉGATE A ESCOITARNOS!!

 

 

 

  Se participaches pincha aquí para atoparte nas fotos!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ruta literaria das EBI

No marco do novo proxecto "En algún lugar de esta aula...", o alumnado das Ensinanzas Básicas Iniciais de adultos fixo unha ruta literaria por Orihuela e os poetas do Sur. Podes ler os artigos da prensa picando nas imaxes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita do Lycée Yves Thépot de Quimper

Dentro do noso proxecto "On échange la Galice et la Bretagne" recibimos o 13 de marzo o alumnado do Lycée Yves Thépot de Quimper. Foi unha xornada onde o alumnado francés e o alumnado que cursa francés de 3ºESO e 4ºESO do noso centro tivo ocasión de coñecerse e intercambiar experiencias. Unha boa experiencia que pode servir de introdución a un futuro intercambio entre os dous centros.

 

Oferta educativa 2019-2020

Programa de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite

O noso Centro participa no Programa Escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite.

Podedes ver fotos da actividade picando na imaxe.

Fotos de novas actividades

Engadidas á "Galería de imaxes" fotos das seguintes actividades:

- Día da Paz

- Charla "Vacinas contra o cancro" (2º de LCB)

- Visita ao MPG e Cidade da Cultura (1º e 4º ESO)

- Estes romanos están tolos

Día da paz Vacinas contra o cancro Visita ao MPG Estes romanos...

Curso gratuito AFD para desempregados

No IES Campo de San Alberto terá lugar dende febreiro ata xullo un curso de "Montaxe e mantemento de infraestructuras de telecomunicacións en edificios" para persoas desempregadas.
 
Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartaz informativo: Curso AFD nº 2018 / 004001

Fotos de actividades do 2º trimestre

Na "Galería de imaxes" podedes ver fotos das seguintes actividades:

- Charla da USC para 2º BAC

- Bádminton escolar na Serra de Outes (ESO)

- Exposición de Aministía Internacional "Amar no es delito", que estará montada na entrada do Centro durante un par de semanas.

Charla da USC Bádminton escolar Exposición de Amnistía Internacional

Presentación de Módulos 2 e 4 da ESA

Presentación de Módulo 2 e Módulo 4 da Ensinanza Secundaria de Adultos.

O alumnado matriculado en xaneiro debe acudir á presentación dos módulos o mércores 6 de febreiro ás 16:30 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut