Skip to Content

Documental das Minas de San Finx

Vídeo documental das minas de San Finx.

 

Un morceau de la Bretagne à Noia: Crêperie "La Marinière"

 A actividade consistiu na presentación da rexión da Bretaña por parte de Jérémy e na simulación de venda e compra de "crêpes" por parte do alumnado, todo esto en francés, por suposto.

As crêpes non eran simulación e estaban "délicieuses".Seguimos coñecendo a Bretaña!

 

A TRAVÉS DOS MEUS OLLOS ESTRANXEIROS

Facendo click neste ollo accederás ao magnífico proxecto realizado ao longo deste curso 2018-2019

entre os nosos compañeiros e compañeiras novas, o alumnado de Imaxe e Son, a Rede Solidaria, profesorado e o noso querido Stacey.

SOLICITUDE DE CERTIFICADOS

OS CERTIFICADOS DEBERÁN SOLICITARSE NA SECRETARÍA DO CENTRO CON 24 HORAS DE ANTELACIÓN.

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020.

Orde do 3 de maio de 2019  (Extracto) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

Enlace Consellería

 

 

PROBAS LIBRES FP 2018-2019

Consulta aquí a información para a obtención do título de FP LOE a través das

PROBAS LIBRES 2018-2019

PROBAS LIBRES FP 2020-2021

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS FP (LOE).

Curso 2020-2021

REUNIÓN DE ACOLLIDA NO IES CAMPO DE SAN ALBERTO:

VENRES 4 XUÑO ÁS 12:00 H. 

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Prazo de solicitude de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (
período ordinario): do 19 ao 30 de abril de 2021 ata as 13:00 h.

Máis información, requisitos e solicitudes de inscrición en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

HORARIOS das PROBAS LIBRES no IES Campo de San Alberto:

Pódense consultar os horarios nos seguintes enlaces.

CM Instalacións de Telecomunicacións

CM Xestión Administrativa

CS Administración e Finanzas

CS Laboratorio e Diagnóstico Clínico

 

PROGRAMACIÓNS das PROBAS LIBRES no IES Campo de San Alberto:

CM Instalacións de Telecomunicacións

CM Xestión Administrativa

CS Administración e Finanzas

CS Laboratorio e Diagnóstico Clínico

Departamento de FOL

 

 

Presentación da revista Entrepontes

O venres 3 de maio tivo lugar a presentación da revista do centro, Entrepontes, que recolle os traballos realizados polo alumnado ao longo do curso pasado.
Este número está dedicado ao mundo do mar, así que os diferentes proxectos de investigación xiraron arredor deste tema. O acto contou coa presencia de mariscadoras, redeiras e outras persoas vinculadas ao mundo do mar, así como coa coordinadora do Plan Proxecta, Educación Patrimonial, da Consellería de Educación, Mariña López.

Na foto aparecen de esquerda a dereita, Liliana Solís, Inés Vázquez, Celeste Pintos, Mariña López, Rosa Andión e Uxía Miguéns. Podes picar na imaxe para acceder a canalbarbanza e ver vídeos e mais información.

MES CULTURAL

Pincha na foto para ver o programa.

Proxecto Final - A ría da Estrela

O alumnado de 4º ESO e 2º BACH de FAX e IMAXE E SON queremos darvos a coñecer a presentación da Ría da Estrela, o mundo que queremos do Plan Proxecta 2018-2019

 Proxecto Final - A ría da Estrela

Distribuir contido


by Dr. Radut