Skip to Content

Video Summary Activities Comenius Rexio

Campus Juvenil Internacional en Segovia

E seguimos con máis actividades.

Ata en período de vacacións, algúns dos nosos alumnos foron "castigados" por algunhas profesoras do departamento de Ciencias Naturais deste centro a participar no  Campus  Juvenil Internacional CLMNTK15, CENEAM (Centro Nacional de Educación Ambiental, Valsaín, Segovia). 

Isto ocorreulles por seren os gañadores do Congreso Juvenil Virtual que celebra Climántica cada año. En esta ocasión os premiados foron: Noel Fuentes, Adriana Quesada, Uxía Mariño y Alejandro Rey. 

Aí os tedes sufrindo coas súas profes Valeria e María GuayGuay

Comenius Regio: Guía da comarca de Noia

Por fin rematamos coa actividade máis importante do proxecto: Unha guía turística da nosa comarca. Nela colaboraron intensamente todos os alumn@s e profesor@s vinculados ao proxecto. 

Podes executala nun formato máis lixeiro (Flash) e só en castelán, picando neste enlace.

Pero, se a queres con máis calidade e nos tres idiomas (galego, castelán e inglés), podes descargala en formato pdf interactivo, premendo na seguinte imaxe (tardará un ratiño, pois ten un tamaño de 134 MB).

É posible que o propio navegador que esteas utilizando teña un complemento para interpretar limitandamente os ficheiros pdf interactivos. Daquela, abriríase dentro del, sendo posible que non funcionasen algúns enlaces; Polo que é recomendable premer co botón dereito do rato, enriba da seguinte imaxe, e despois co botón dereito, picar en "gardar enlace como" para descargarla no teu equipo e executala (Acrobat Reader) desde fora do navegador con todas as súas funcionalidades. 

Esperamos que sexa do teu agrado.

ENTREPONTES V

Fotografía dos asistentes

O pasado xoves 18 de xuño,tivo lugar a presentación do número 5 da revista do centro "Entrepontes".
Contamos coa presenza do artista noiés José Luís Veiras Manteiga e o actor Rubén Prieto, protagonistas de dúas das entrevistas realizadas polo alumnado para este número.
En breve  publicarémola nesta mesma web. Esperamos que disfrutedes coa súa lectura.Guiño

Actividades na Natureza

O departamento de Educación Física organizou, o luns 22 de xuño, unha actividade voluntaria e gratuíta para o alumnado de 1º de Bacharelato para complementar os contidos referentes ás actividades na Natureza.

Os participantes poideron iniciarse nas actividades de kayak e windsurf na praia da Aguieira.

Aguieira 2015

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTO DE GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2013/2015

 

 

Alumnos na saída do centro

     O día 22 de maio, tivo lugar no noso IES o acto de Graduación de 2º de BAC. Interviron, tras unhas palabras do director, J.P. Román, distintos profesores: Rosa Conde, Jaime Carbajo, Mª José Costa e Loli Rodriguez. Houbo entrega de diplomas e orlas e moitos aplausos. Algúns alumnos interpretaron pezas musicais: "Negra Sombra", "Lela", "Love me life you do", unha peza ao  piano, e un blues creado para aocasión  "Blues para 2º de Bac". Unha despedida entrañable, festiva, na que agradecemos a participación de todos/as, especialmente dos pais.Boa sorte!

 

O IES Campo de San Alberto gaña o certame de curtas de Mans Unidas

 

O IES Campo de San Alberto gaña o certamen de curtas de Mans Unidas: Clipmetrajes.

Un grupo de alumnos do IES Campo de San Alberto de Noia ven de gañar a edición do Clipmetrajes a nivel galego organizado pola ONG Manos Unidas. O premio levaba aparellado unha viaxe para participar na Gala nacional en Madrid. O evento celebrouse no Cine Callao este pasado sábado 9 de Maio. Lucía Alcalde e María Creo nos dicían: "Traballamos moito e merecíamolo. Non gañamos en Madrid, pero outro ano será". 

 Nove alunmnos elaboraron dende Xaneiro ata Marzo unha curtametraje de fición co título "Apúntome". O protagonista da filme é un rapaz. Levántase pola maña, almorza e vai no coche co seu pai cara o instituto. Na radio escoitan unha noticia que lle fai deixar o móbil: 150 nenos foron asesinados nunha escola en Pakistán. Cando chega ao insti e llo conta os seus amigos, non lle gusta a resposta que obtén: "Home, eso pasa todo os días, xa sabes, neses países". Decide entón apuntarse e facer algo (podedes ver a curta e as fotos en: movienoia.weebly.com). 

O noso Centro participa un ano máis na campaña mundial pola educación

 Grupo de alumnos participantes

Orgullo de traballar polo Dereito á Educación de todas e todos.

 

Xincana na biblioteca

O mércores 13 de maio o alumnado de 2ª ESO do instituto participou nunha xincana Xincana biblioteca 15na biblioteca. A actividade forma parte das programadas para o mes cultural, "Do libro ás letras", que se ven celebrando dende hai uns anos.

Superaron diversas probas nas que tiñan que, buscar os 

Xincana biblioteca 15

fondos existentes nos ordenadores, utilizar os móbiles para leer códigos Qr ou ver exemplos de realidade aumentada, busca de libros ou películas... 

A participación foi moi activa e ao final, a experiencia ademáis de ser atractiva axudolles a entender mellor o funcionamento da Biblioteca.

 

Xincana biblioteca 15

Campionato de Bádminton en Serra de Outes

Un grupo de alumnado do centro acudiu, o 28 de abril, a Serra de Outes para participar nun campionato de bádminton nas categorías infantil e cadete, masculina e feminina. Foron acompañados polos profesores de Educación Física.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut