Skip to Content

Fase Intercomarcal de Campo a Través

 

O Venres 23 de Xaneiro disputóuse a fase intercomarcal de campo a través, no Campamento Virxe do Loreto en Porto do Son.

Nela participaron dous alumnos do noso centro que conseguiran clasificarse previamente. Estes foron Moisés García Pedrosa (1º ESO) e Luis Mayán Martínez (2º ESO B), que fixeron unha gran carreira e disfrutaron dun día marabilloso practicando deporte, incluso conseguindo (nun caso) a clasificación para a fase Provincial.

Esta fase Provincial, disputarase na Pobra do Caramiñal o vindeiro Sábado 7 de Febreiro.

Noraboa aos dous deportistas e a todos os que participastedes neste curso nas carreiras de campo a través.

 

 

 

Foto esférica do Laboratorio de Ciencias

Foto esférica do Laboratorio de Ciencias Naturais.

 

Foto esférica da entrada do instituto

Seguindo coa serie de dependencias do noso centro, en fotos esféricas, deixamos agora a posibilidade de ver o vestíbulo de entrada ao instituto.

Saída do alumnado de 2º Bacharelato para disfrutar da película "A Esmorga"

 

Cartaz da película "A Esmorga"

 

O alumnado de 2º de Bacharelato saíu o día 17 de decembro a Santiago cos profesores Mercedes Rivas e Matías Barreiro para visionar a película " A Emorga " do director Ignacio Villar, baseada na novela do mesmo título de Eduardo Blanco - Amor.

 

Con Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris" e Karra Elejalde nos papeis de o Cibrán, o Milhomes e o Bocas, o filme narra a liña principal do argumento da novela co destrutivo periplo dos 3 protagonistas polas rúas de Auria, aínda que deixa pouco ou nada apuntados outros aspectos moi importantes da obra, tal e como observaron os alumnos e alumnas que a teñen no seu programa de Literatura.

Visita ao Ézaro

O día 18 de decembro os alumnos de 4ºESO e 2ºBAC-C acompañados de dous profesores viaxamos ao Ezaro, para contemplar a espectacular desembocadura do río Xallas en forma de fervenza. Este é o único río de Europa que desemboca deste xeito debido a dureza da rocha granítica do Pindo que constitúe o seu leito. A auga do río non foi quen, no transcurso de milenios, de excavar a rocha  e o río desemboca salvaxe e rebelde.


Foto esférica da biblioteca

Aquí vos deixamos outra das moitas colaboracións de Samuel León, alumno de 1º de bacharelato e membro do equipo TICs

Campo a través no Campamento Virxe do Loreto

Campo a través

O 17 de decembro tivemos a segunda proba de campo a través do curso. O instituto participou con representación nas categorías de infantil e cadete, tanto masculinas como femininas. Clasificáronse varios participantes para a seguinte proba. Estas carreiras celebráronse no campamento Virxe do Loreto en Porto do Son. O día estaba perfecto para desfrutar da actividade. 

Saída Cadete MasculinoFoto de grupo dos participantes na proba de campo a través

CAMPO A TRAVÉS E BÁDMINTON

Campo a través

O 21 de novembro tivemos a primeira proba de campo a través do curso. O instituto participou con representación nas categorías de infantil e cadete, tanto masculinas como femininas ao igual que en anos anteriores. Esta proba celebrouse no campo de fútbol de Noia. Podedes ver fotos de esta e outras probas na páxina web da agrupación deportiva As Rías. (Se non vai o enlace escribe no navegador http://adasrias.blogspot.com.es/)

Bádminton

Bádminton

O 27 de novembro fumos ao Pavillón de Serra de Outes a participar nun campionato de Bádminton dentro do programa de deporte escolar da Xunta de Galicia. Acudiu a esta competición alumnado de 1º e 2º da ESO.

Os nervios antes da competición axudaban a non sentir a temperatura aínda que a mañá era bastante fría.

Os Xoves con android: aplicacións de fotografía

O xoves 13 de novembro Samuel falounos das, para el, mellores aplicacións de fotografía para os móbiles. Seguiremos o próximo xoves falando do mesmo tema.

Animádevos a asistir. Está moi interesante.

 

Concurso fotográfico

Distribuir contido


by Dr. Radut