Skip to Content

Cóntame un conto con Scratch 2016

 

Contos dos alumnos de informática de 4º 2016

Logo de Scratch...O gato Michi

 

 

Martín Arufe

Pablo Álvarez

Sara Carou

María García

Antía Blanco

Alejandro Arufe

Damián Rama

CONCURSO CLIPMETRAXE

A Rede Solidaria do centro, xunto co Obradoiro de Cine, vóltanse a presentar ao concurso CLIPMETRAXES que gañaron o ano pasado. Moita sorte nesta nova edición!!!

Podes ver a nova curta no seguinte enlace.

V Encontro Global da RED SOLIDARIA

Os días 12, 13 e 14 de febreiro tivo lugar en Guadarrama o V Encontro Global da REDE SOLIDARIA. Alí estivo representado o noso centro polas alumnas de 4º de ESO, María Creo e Carla Places, acompañadas da profesora María José Villaverde. 

 

Atende ás súas reflexións sobre a experiencia que viviron:

"Esta viaxe significou para nós unha experiencia inolvidable. Unha gran oportunidade para decatarnos de que non loitamos sós. De que hai moitas persoas coma nós, cun mesmo obxectivo e que xuntos podemos cambiar o mundo.

Deixamos Madrid atrás conscientes de que quizá non vaiamos a ver nunca máis a estas persoas, pero podemos asegurar que gardaremos no noso recordo toda esta gran experiencia e todo o que aprendimos."

CARNAVAL 2015/2016

Historia de éxito

Guay Outro novo galardón para o noso Centro. E esta vez, outorgado pola Comisión Europea! Guay

Noraboa aos participantes no proxecto Grundtvig "Once upon a time... in Europe" e, por extensión, a toda a comunidade educativa do IES "Campo de San Alberto".

O proxecto, no que participaron mais de 400 persoas de nove países (Portugal, Grecia, Italia, Polonia, Dinamarca, Croacia, Turquía e Islandia) foi  escollido por un panel de  expertos da  Dirección Xeral para a Educación e a Cultura da Comisión Europea con sede en Bruxelas como “Historia de éxito”.

O financiamento correu a cargo do Programa de Aprendizaxe Permanente e estivo coordinado polo noso Centro   

“As HISTORIAS  DE ÉXITO” son proxectos xa rematados que se distinguen  polo  impacto, contribución, resultados innovadores e enfoque creativo e que poden ser considerados como fontes de inspiración para outras institucións ou centros educativos con oferta  formativa similar.

Un proxecto que  alcanza este galardón faino despois de ter pasado por un proceso de selección dacordo con rigurosos criterios de calidade, relevancia e resultados.

Antes da selección por parte da Comisión Europea,“Once a Time in... Europe”, foi seleccionado como “PROXECTO ESTRELLA” a nivel nacional polo SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación).

http://users.sch.gr/Vigklas/2012_2014/index.html

Profesorado participante no proxecto (Xesús Vila, Suso Montero, Mariela Dosil, Amalia Pérez e Juan Rodríguez), acompañado da alumna Leticia González.

Recortes de prensa recollendo a nova (preme neles se queres ler os textos).

Visita cultural a Santiago

O pasado xoves, 17 de decembro, o alumnado de 1º, 2º de ESO e o alumnado de relixión de 3º e 4º de ESO acompañado polas profesoras Amalia Pérez de Ciencias Sociais e María José Villaverde de Relixión, fomos de visita cultural a Santiago. Visitamos a Cociña Económica onde fixemos entrega dos alimentos recollidos entre alumnado e profesorado do IES, e despois fomos ao museo da catedral, interior e prazas que a rodean. Foi un moi interesante fin de trimestre.

Bo Nadal!

 

Carreira de campo a través en Porto do Son

 

O 16 de decembro tivemos a segunda proba de campo a través do curso. O instituto participou con representación nas categorías de infantil e cadete, tanto masculinas como femininas. Estas carreiras celebráronse no campamento Virxe do Loreto en Porto do Son. O día estaba perfecto para desfrutar da actividade.

Charla sobre o conflito en Siria

O día 23 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato, 1º e 2º ESO, e de cicos formativos, asistiu a unha charla impartida por médicos sirios, que están facendo a súa tese doutoral en Santiago, sobre o conflito que se vive no seu país. 

A súa perspectiva ofrecenos outro punto de vista para reflexionar sobre o grave problema social que se está vivindo nestos momentos. 

A charla foi promovida pola rede solidaria do centro.

charla médicos sirios

Video didáctico sobre o conflito Sirio

Vídeo que fai un rápido resumo da historia do conflito en Siria. A linguaxe nalgunhas ocasións non é moi axeitada pero está considerado como unha boa explicación de xeito rápido e sinxelo.

Distribuir contido


by Dr. Radut